CALIDADE TURÍSTICA

07 dec 2012

FORMACIÓN PARA CONSULTORES EN NORMAS UNE DE CALIDADE TURÍSTICA

Pechado

 

Datas:

Do 17 ao 20 de decembro de 2012

 

Horarios:

Luns a Mércores: De 09:30 a 18:30 horas

Xoves: De 09:30 a 15:00 horas

 

Prazas:

20

 

Data límite de inscrición:

13 de decembro de 2012

 

Lugar:

Sala de Xuntas de Turgalicia (1º Andar)

Estrada Santiago - Noia, Km 3 (A Barcia)

15896 Santiago de Compostela

 

Preinscricións:

Web: www.turgalicia.es (Sección: Sector Profesional)

 

Máis información:

Tlf: 902 200 432

 

Obxectivos do curso:

Que os participantes adquiran os coñecementos, habilidades, aptitudes e cualificación necesarios para desempeñar as funciones de implantación das normas UNE de Calidade Turística para os sectores de Oficinas de Información Turística, Ocio Nocturno, Instalacións Náutico Deportivas e Turismo Industrial.

 

Destinatarios:

Profesionais que sexan responsables de xestionar e coordinar as actividades de consultoría na implantación de normas UNE do sector turístico no ámbito da certificación do “Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

 

Titulación:

Os participantes que asistan ao 100% das horas recibirán á finalización un Diploma acreditativo de aproveitamento do Curso Formación de Consultores nas Normas correspondentes, expedido polo ICTE.

Ademais os alumnos que o desexen aparecerán referenciados na base de datos de consultores da páxina web www.calidadturistica.es e/ou na páxina web www.turgalicia.es

 

Programa

- Presentación e obxectivos do curso.

- O Sistema de Calidade Turístico Español e ICTE.

- Procedementos de auditoría e certificación.

- Norma UNE 187003 de Oficinas de Información Turística.

- Norma UNE 302001 de Turismo Industrial.

- Norma UNE 188004 de Instalacións Náutico Deportivas.

- Norma UNE 188005 de Ocio Nocturno.

- Manual de Calidade.

- Política de calidade e obxectivos.

- Procedementos, rexistros e indicadores.

- Lexislación aplicable:

                   - Regulamentación xeral aplicable a establecementos turísticos.

                   - Regulamentación aplicable ás instalacións.

                   - Regulamentación hixiénico-sanitaria.

                   - Regulamentación medioambiental.

Arriba