CALIDADE TURÍSTICA

18 xan 2021

CURSO DE REVENUE MANAGEMENT PARA HOTEIS INDEPENDENTES

Pechado

CURSO COMPLETO

 

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está  facilitarlle  ás empresas do sector ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e incrementar os ingresos. Por ese motivo ofrécese un curso práctico  para dar a coñecer as ferramentas para que os hoteis independentes de Galicia aprendan a deseñar unha estratexia de prezos  axeitada para o seu negocio e optimizar os seus ingresos, nun contexto no que a venda a en liña será cada vez maior e a distribución dos servizos nos diferentes canais unha peza clave de xestión para o hostaleiro.



METODOLOXÍA
Curso de  20 horas  a través da plataforma de teleformación  de Turismo de Galicia, repartidas en 6 sesións, no que os alumnos deberán asistir ao 80% das clases en liña.

 

 

CONTIDOS


Sesión 1: Introdución e Contexto 

Un pouco de historia e un pouco de futuro en  Revenue  Management

O contexto do mercado e a competencia:  Benchmarking hostaleiro

Tomamos decisións?: O  Revenue  Management e a estratexia de negocio

 

Sesión 2: Os datos e a auditoría do  Revenue  Management 

Os  Key  Performance  Indicators do  Revenue  Management.

A  auditoria de  Revenue  Management

Recompilación dos datos de  Revenue  Management

 

Sesión 3: As análises do  Revenue  Management 

Organización da información, creando as ferramentas de traballo

Os históricos de datos como axuda de proxección

Os procesos, tarefas e prioridades no  Revenue  Management

 

Sesión 4: A batalla pola distribución 1 

Os novos xogadores, e os de sempre…

As fontes de disparidade.

 

Sesión 5: A batalla pola distribución 2 

Caso práctico 1: “Á caza da disparidade”

Caso práctico 2: “Tomando decisións sobre o  mix de distribución

 

Sesión 6: Control  tarifario 

Ferramentas aplicadas

Optimización da estrutura  tarifaria

 

DATAS

 

Do 18 de Xaneiro ao 2 de febreiro do 2021

Data límite inscrición: 17 de Xaneiro

 

Sesións en liña: (obrigatorias)

Luns 18 de xaneiro, 16.00 h.  Imparte: Andrés Nieto. 

Mércores 20 de xaneiro, 16.00.  Imparte: Daniel Meira. 

Xoves  21 de xaneiro, 16.00.  Imparte: Daniel Meira. 

Martes 26 de xaneiro, 16.00.  Imparte: Francisco Diéguez. 

Xoves 28 de xaneiro, 16.00.  Imparte: Francisco Diéguez. 

Martes 2 de febreiro, 16.00.  Imparte: Julia Rey



Nº PLAZAS: 20


Formadores

 Este curso esta dirixido por Andrés Nieto, Xefe do departamento de Comercialización Hoteleira e Revenue Management do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG)  en colaboración con ponentes expertos na materia: 

 

  • Julia Rey Martínez, E-Learning Manager En Beonprice Academy
  • Daniel Meira Vilas, Senior Revenue Management
  • Francisco Diéguez Pérez, Account Manager en  Mirai

 



DESTINATARIOS

Profesionais do sector hoteleiro de Galicia vinculados á xestión empresarial que desexen mellorar a súa política de prezos. 


REQUISITOS

Ser propietario ou traballador dun Hotel en Galicia.


CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 20 horas de formación, as persoas que participen no 80% das sesións e superen o cuestionario de autoavaliación ao rematar o curso.



PREZO DO CURSO

O curso é gratuíto. Inclúe participación nas sesións e titorías e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.

 

INSCRICIÓN

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal 

 

 

 

Arriba