CASA ODRIOZOLA

Civil
1078
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida García Barbón 4

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 14.9" N - 8º 43' 10.9" W

Descrición

Edificio proxectado en dúas etapas. No 1875, Alejandro Rodríguez Sesmero, asinou unha planta baixa e dous pisos; e en 1908 Jenaro de la Fuente Domínguez asinou a adición ao terceiro piso, trala compra do edificio por Manuel Rodríguez Rodríguez. É unha construción simétrica e sinxela. Destaca a fachada principal cun corpo central enmarcado por pilastras acanaladas con capiteis corintios e compostos. Os vans teñen maior riqueza decorativa nos laterais, onde tamén se colocaron unhas pilastras. Como elementos decorativos ten, ademais, frisos, cornixas e balcóns corridos nos laterais e illados no central.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba