Gran tour por Galicia

Completo circuito polos dez lugares únicos de Galicia e algún máis que atoparemos polo camiño. É unha viaxe para descubrir a maxia dos santuarios galegos, a súa salvaxe costa, os castros, mosteiros e castelos, ademáis dunha espectacular beleza natural en praias e montañas. Sen dúbida, unha viaxe única en Galicia con oportunidade para degustar os seus sabores autenticos acompañados de boos viños. 
611
9
IVE
Transporte
Seguro de viaxe

Programa Completo

  • Día 1
    ORIXE – O CEBREIRO– SAMOS – SARRIA
     
    Como fan os peregrinos, entraremos en Galicia polo Cebreiro, singular vila na alta montaña da Serra do Courel, popular polas súas pallozas, construcións prerromanas con teito de palla, e por ser lugar de paso e descanso de peregrinos. Aquí incorpórase o noso guía, que nos acompañará toda a viaxe. Visitaremos a Igrexa de Santa María a Real, teremos tempo para entrar nalgunha das pallozas e comezar a gozar da gastronomía galega. Pola tarde continuamos a viaxe efectuando unha parada no Mosteiro de San Xulián de Samos, cun dos claustros máis grandes de España. Finalizamos o día en Sarria, vila ligada ao Camiño de Santiago desde a súa orixe medieval, nun hotel que está en pleno Camiño, o Carrís Alfonso IX 3*. Cea (opc.) e aloxamento. 

  • Día 2
    SARRIA – LUGO - VILALBA - FERROL
     
    Almorzo e saída cara a Lugo. Daremos un paseo sobre a muralla mellor conservada de todas as fortificacións militares romanas, razón pola que foi declarada Patrimonio da Humanidade, e teremos tempo para pasear polo barrio vello e visitar a Catedral, así como a posibilidade de “tapear” nas inmediacións da Praza do Campo. Proseguimos a nosa viaxe cara á costa, efectuando unha parada en ruta para o xantar, e chegamos a Ferrol: único porto militar intacto en Europa e a maior base naval da Ilustración. Embarcaremos para efectuar unha excursión pola ría que nos permitirá admirar as fortalezas defensivas dos Castelos de San Felipe, A Palma, e o Arsenal militar. A continuación traslado ao Hotel Carrís Almirante 4*, en pleno Barrio da Magdalena, ou ao Parador de Ferrol 3*, con espectaculares vistas sobre o Arsenal Militar, e tempo libre. Cea (opc.) e aloxamento. 

  • Día 3
    FERROL – SERRA DA CAPELADA – A CORUÑA
     
    Almorzo e saída cara á Serra da Capelada. Efectuaremos unha parada na vila de pescadores de Cariño antes de comezar o ascenso cara á Vixía de Herbeira (613 m), un dos acantilados máis altos de Europa. Tras asomarnos a este balcón que dá ao Océano Atlántico continuaremos ata a vila de Santo André de Teixido, famosa pola lenda que di que alí “vai de morto quen non vai de vivo” e teremos tempo para efectuar a baixada a pé ata o Santuario e depositar unha pedra nos milladoiros como proba da nosa viaxe, ademais de cumprir con outras tradicións e rituais nas inmediacións do santuario. Continuación da viaxe cara a Cedeira, preciosa vila de pescadores, onde gozaremos de tempo libre. O xantar nun restaurante é opcional. A media tarde, regreso pola costa das praias salvaxes de Vilarrube, Pantín e Valdoviño cara a Ferrol e A Coruña. As opcións para o aloxamento son: o moderno Carrís Marineda City 4*, no maior centro comercial de Galicia (aforas da cidade), ou o Hotel Hesperia Finisterre 5*, o hotel máis senlleiro da cidade, en primeira liña do paseo marítimo, a poucos metros da Praza de María Pita. Aloxamento. 

  • Día 4
    A CORUÑA – COSTA DA MORTE – SANTIAGO DE COMPOSTELA
     
    Almorzo e visita panorámica da Coruña, cunha breve parada na Torre de Hércules, declarada Patrimonio da Humanidade por ser o faro máis antigo do mundo, de orixe romana, aínda en funcionamento. Tomaremos a autopista cara a Carballo para internarnos na Costa da Morte. Sentiremos a bravura dos ventos e a forza do Océano Atlántico en Cabo Vilán e chegaremos a Muxía para visitar o Santuario da Virxe da Barca, que esperta unha gran devoción entre os fieis e que constitúe un enclave espectacular á beira do mar, sobre os penedos. Continuamos cara a Fisterra, onde teremos tempo libre para gozar do ambiente mariñeiro e peregrino da zona do porto. O xantar nun restaurante é opcional. Achegarémonos ao faro, situado no extremos do cabo considerado na Antigüidade como a fin do mundo coñecido. Deleitarémonos coas vistas, que poderán coincidir, segundo a época do ano, cunha fermosa posta de sol. Iniciamos a viaxe de regreso cara a Santiago de Compostela. Aloxamento na zona histórica: no Carrís Casa da Troya 3* (hotel boutique, inaugurado en 2011) a poucos metros da Catedral, ou no emblemático Parador dos Reis Católicos 5*. En todo caso, moi preto da animada rúa do Franco para recrearnos co típico ambiente de viños e tapeo. Aloxamento.

  • Día 5
    SANTIAGO DE COMPOSTELA E CIDADE DA CULTURA

    Almorzo e, pola mañá, visita a pé pola zona histórica de Santiago de Compostela, declarada Patrimonio da Humanidade. Faremos un percorrido polas catro prazas monumentais da Catedral: Obradoiro, Quintana de Mortos, Praterías e Acibechería, e tamén polo Pazo de Fonseca, primeiro grande enclave da universidade compostelá e, xa para rematar, visitaremos a Catedral. Con sorte poderemos contemplar (non se pode garantir) o espectáculo do botafumeiro, incensario xigante que voa sobre as naves do cruceiro e que é non só un rito único desta cidade, senón tamén unha experiencia emocionante. O xantar nun restaurante é opcional. Pola tarde faremos unha excursión en bicicleta á magnífica e singular arquitectura da Cidade da Cultura, obra do arquitecto neoiorquino Peter Eisenman. De regreso á zona histórica, efectuaremos unha parada no parque de San Domingos de Bonaval, que nos ofrece perspectivas fotográficas únicas do Santiago histórico, para logo continuarmos cara á Alameda, parque señorial onde está o miradoiro privilexiado desde o que podemos admirar a Catedral sobresaíndo no horizonte, e que resulta especialmente espectacular contra a noitiña. Aloxamento

  • Día 6
    SANTIAGO DE COMPOSTELA – MONTE SANTA TREGA – BAIONA – ILLAS CÍES (PARQUE NACIONAL) (OPC.) - VIGO

    Almorzo e saída cara a Tui, onde efectuaremos unha breve parada antes de continuar cara ao Castro de Santa Trega, o máis visitado de Galicia, desde o que divisaremos unha espectacular panorámica da desembocadura do río Miño entre España e Portugal. Pola estrada que bordea a costa atlántica chegaremos a Baiona. Dependendo da estación, efectuaremos unha visita a Baiona, con aperitivo no Parador (inverno), ou unha excursión en barco ás Illas Cíes (verán).
     A visita a Baiona comeza por un paseo polas murallas do Parador Conde de Gondomar, que nos ofrecerán as mellores vistas das Illas Cíes: un dos catro arquipélagos que forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Tomaremos un aperitivo con especialidades galegas e deseguido teremos tempo libre para percorrer o paseo marítimo e descubrir unha réplica da carabela A Pinta entre os veleiros do Real Club Náutico. A excursión ás Cíes partirá do porto para desembarcar na Praia de Rodas, para moitos una das máis fermosas do mundo. Cun guía oficial do Parque faremos unha pequena ruta de sendeirismo ata o Alto do Príncipe (111 m) para contemplar unhas impresionantes vistas sobre a ría de Vigo. Regreso a Baiona ou Vigo, dependendo do aloxamento seleccionado.
     Para grupos aloxados no Hotel Carrís Beiramar 4* de Vigo, efectuaremos o traslado con tempo para poder achegármonos ao Barrio da Pedra e á súa famosa “Rúa das Ostras”. Cea (opc.) e aloxamento. 

  • Día 7
    BAIONA/VIGO – RIBEIRA SACRA - OURENSE
      
    Almorzo e saída cara a Ourense para percorrer seguidamente a Ribeira Sacra, que alberga a maior concentración de construcións relixiosas de estilo románico de Europa. Nun catamarán navegaremos polo río Sil a través do seu profundo canón, ao que se asoman os viñedos de uva mencía e mosteiros coma o de Santo Estevo (hoxe convertido en Parador) e o de Santa Cristina de Ribas de Sil. O xantar é opcional nun restaurante. Pola tarde visitaremos o Mosteiro de San Pedro de Rocas, un dos máis antigos de Galicia, que resulta único por estar escavado na rocha natural. Dependendo do aloxamento elixido, regresaremos ao Parador de Santo Estevo de Ribas Sil ou ao céntrico e novo Carrís Cardenal Quevedo 4* en Ourense cidade. Aloxamento.

  • Día 8
    OURENSE – CIDADE DE ORIXE

    Almorzo e inicio da viaxe de regreso á casa coa morriña que moitos sentirán ao abandonaren estas terras. O guía despídese aquí do grupo que partirá cara ao seu lugar de orixe.

Condicións específicas

Aloxamento en Carrís Hoteis
    - Tempada Baixa
        Entre 16 y 24 persoas 385€
        Entre 25 y 34 persoas 345€
        Entre 34 y 44 persoas 329€
        Entre 45 y 55 persoas 325€
        Sup. Individual 175€
        Sup. Tempada Alta (xullo, agosto y setembro) 25€
        Sup.Media Pension 165€

Aloxamento en Paradores de Turismo
    Entre 16 y 24 persoas 825€
    Entre 25 y 34 persoas 799€
    Entre 34 y 44 persoas 785€
    Entre 45 y 55 persoas 765€
    Sup. Individual 375€
    Sup. Temnpada Alta (xullo, agosto y setembro) 95€
    Sup.Media Pension 275€

Precio por persona en habitación doble, según Hoteles y Nº de personas en el grupo

Servizos incluídos

Guía oficial durante 8 días en Galicia, dende O Cebreiro ata Monterrei.

7 noites en hoteis indicados según elixan Carrís Hoteles ou Paradores de Turismo.

7 almorzos tipo buffet nos hoteles indicados.

Una excursión en lancha pola ría de Ferrol.

Una excursión en bicicleta á Ciudade da Cultura en Santiago de Compostela.

Entrada á muralla do Parador Conde de Gondomar.

Una excursión ás Islas Cíes con guía pra ruta de sendeirismo ou un Aperitivo no Parador Conde de Gondomar (según disponibilidade de servizo regular de barcos ás Ilas Cíes).

Unha excursión en catamarán polo Cañón do río Sil.

Seguro de asistencia en viaxe para pasaxeiros de nacionalidade española.
Arriba