Galicia en Fitur 2026


Galicia presentará a súa proposta de promoción anual como destino turístico a partir do vindeiro 21 de xaneiro en Madrid na Feira Internacional de Turismo, Fitur, cunha aposta por consolidarse como un destino acolledor, auténtico e con proxección internacional. Farao cunha proposta programática na que as xentes, o clima, a natureza, a calidade e os recursos culturais adquiren un protagonismo especial na procura de atender a un turista que busca, cada vez máis, experiencias vitais enriquecedoras.

Xunta de Galicia

© 2026 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados Aviso legal | Contacto | Accesibilidade

Galicia
Arriba