02 feb 2022

WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: EFICIENCIA ENERXÉTICA E REFUGALLOS NA HOSTELERÍA"

Pechado


WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: EFICIENCIA ENERXÉTICA E REFUGALLOS NA HOSTELERÍA"

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a campaña Gastronomía no Camiño, está o facilitarlle ás empresas de restauración ferramentas que lles permitan mellorar a súas praxes cara unha transformación sostible dos seus establecementos. A idea é facilitar os contidos teóricos para mellorar aspectos ambientais e patrimoniais, ou no caso de cumprir previamente con esas premisas, saber poñer en valor estas cualidades.

Cara a obtención  dun mellor abastecemento do canal horeca é importante saber discernir cales son os criterios cos que poder escoller os provedores que nos faciliten os produtos que máis se adecúen as nosas necesidades e filosofía empresarial. Esta formación está pensada para dotar de ferramentas cara unha mellor xestión de compra da materia prima.

OBXECTIVOS:

  • Dotar de ferramentas para o correcto manexo do refugallos propios da actividade hostaleira.
  • Informar sobre a nova lexislación centrada no tratamento dos mesmos e o seu aproveitamento, economía circular.
  • Facilitar información sobre as técnicas de eficiencia enerxética empregadas no canal HORECA.

DATA: Mércores, 2 de Febreiro  ás 11:00 h


Nº PRAZAS: 100

 

RELATORA: Rocío García Carregal
Licenciada en Ciencias Físicas, formada en sustentabilidade na Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, traballou ao longo da súa carreira profesional en diversos proxectos relacionados co eido medioambiental. A día de hoxe exerce dende Slow Food Compostela, no que é secretaria da asociación, e onde onde traballa con proxectos de desenvolvemento no sector primario e canal HORECA. Durante este anos participou coma consultora no programa de “Agricultura Familiar” da FAO e como observadora para a ONU na COP25.


DESTINATARIOS:

Xefes de equipo ou departamento de empresas de hostelería, restaurantes ou  propietarios e profesionais responsables da xestión de compras e da restauración.
 

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

.

INSCRICIÓN:

Para facer a Inscrición: PIQUE AQUÍ

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal 

 

Arriba