13 set 2015

Turismo de Galicia abre o prazo de inscrición para participar no IX Congreso Internacional de Estudos Xacobeos

O encontro celebrarase do 21 ao 24 de outubro, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela co obxectivo de afondar nos múltiples e diversos lazos existentes entre o culto mariano e o culto a Santiago ao longo da historia.

A inscrición é gratuíta ata completar aforo e o prazo para realizar a mesma rematará o próximo 10 de outubro.

Turismo de Galicia abriu o prazo de inscrición para participar no IX Congreso Internacional de Estudos Xacobeos "María e Iacobus no Camiño Xacobeo".

O encontro celebrarase do 21 ao 24 de outubro, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela co obxectivo de afondar nos múltiples e diversos lazos existentes entre o culto mariano e o culto a Santiago ao longo da historia.

O congreso está destinado tanto a estudantes, docentes e estudosos da cultura xacobea, como a membros das asociacións de amigos do Camiño e público en xeral interesado polo tema.

O encontro reunirá en Compostela a numerosos expertos internacionais entre os que se encontran representantes do Centro Nacional para a Investigación Científica ou da Universidade La École Pratique des Hautes Études (EPHE) de Francia, do colexio de Michoacán de México, das universidades Erlangen e Wüzburg de Alemaña, da Universitá degli Studi de Perugia de Italia, da universidade Exeter de Reino Unido ou da Universidade Autónoma de Barcelona e da de Santiago de Compostela, entre outros.

A inscrición é gratuíta ata completar aforo e o prazo para facer a mesma rematará o próximo 10 de outubro.

Así mesmo, estudantes, desempregados e membros das asociacións de amigos do Camiño terán a posibilidade de pasar a noite de forma gratuíta no albergue de peregrinos de San Lázaro, en Santiago de Compostela, os días de celebración do congreso.

Programa
O mércores 21 de outubro terá lugar a inauguración oficial que contará cunha conferencia do Deán da Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, titulada “Camiñando coa Virxe e Santiago”.

O xoves 22 de outubro darán comezo as sesións técnicas do Congreso Internacional que nesta xornada incluirán unha primeira parte dedicada á “Santa Parentela” e unha segunda que versará sobre os santuarios marianos no Camiño.

Na seguinte xornada, o venres 23 de outubro, continuarase afondando nestes santuarios marianos que encóntranse ao longo do Camiño e reflexionarase sobre a relación de colaboración ou rivalidade entre Santiago e Santa María.

Por último, para finalizar, o sábado 24 de outubro, terá lugar a xornada “Santa María en Santiago de Compostela”.

Por outra parte, o congreso inclúe tamén no seu programa unha seria de actividades sociais coma a visita á igrexa do Mosteiro de San Martiño Pinario ou a visita á Catedral de Santiago

Arriba