11 abr 2017

O Turismo de Galicia promóvese dentro da feira Mundo Abreu en Portugal o mercado internacional líder da nosa comunidade

 

Trátase dun certame destinado ao público final organizado polo operador turístico máis importante do país veciño

Turismo de Galicia difundiu a oferta turística galega facendo especial fincapé nas posibilidade para esta primavera e o próximo verán

O número de turistas portugueses medrou un 23% en 2016 en relación ao ano anterior liderando o crecemento no ámbito do turismo internacional e acumulando tres anos de incrementos

 A oferta turística galega presentouse en Portugal, dentro da feira Mundo Abreu, un certame turístico organizado en Lisboa polo operador turístico Viaxes Abreu no que participaron axentes da compañía e varios destinos turísticos convidados, entre eles Galicia.

Viaxes Abreu é o principal operador turístico de Portugal e cada ano organiza esta feira para presentar as novidades no ámbito das viaxes turísticas e dar a oportunidade a diferentes destinos de presentar a súa oferta ao público que asiste a este certame.

Neste marco, Galicia estivo presente cun recinto aberto ao público a través do que se difundiu a oferta turística galega facendo fincapé nas posibilidade para esta primavera e o próximo verán.

Mercado líder


Con máis de 225.000 viaxeiros aloxados e preto de 390.000 pernoitas nos establecementos regrados de Galicia o mercado portugués liderou o ránking de principais mercados internacionais de Galicia en 2016 representando o 17% do total internacional.

Estas cifras foron resultado do comportamento rexistrado por este mercado o cal superou nun 23% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 21% o número de noites de 2015, encabezando tamén o crecemento no ámbito do turismo internacional en Galicia.

Así, o mercado portugués acumula tres anos de crecemento en Galicia acadando neste 2016 a cifra máis elevada dos últimos oito anos .

 

 

Arriba