10 xuñ 2019
O conselleiro de Cultura e Tuirismo manifesta no IX Salón Turístico Turexpo en Silleda que os galegos fan cada vez máis turismo na súa comunidade
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitou o IX Salón Turístico de Galicia Turexpo, no Recinto Feiral da Semana Verde de Silleda, onde puxo en valor o a importancia do turismo interno, o realizado polos propios galegos na súa Comunidade, que está a medrar este ano un 5%.
O departamento de Cultura e Turismo da Xunta colaborou con Turexpo cunha achega de máis de 75.000 euros para promoción do sector e de Galicia como destino. Este investimento ten dúas liñas de actuación. A primeira delas consistiu na posta en marcha dunha Bolsa de Contratación Turística, un foro organizado para propiciar o intercambio de información e negocio sobre produtos e servizos turísticos entre profesionais coa participación de 20 touroperadores estranxeiros e nacionais. A segunda actuación foi a programación da Feira das Festas de Interese Turístico Festur, para difundir e impulsar os máis de cen eventos deste tipo cos que conta Galicia.