31 out 2020

Información de interese para viaxeiros e peregrinos

Viaxeiros e peregrinos que se atopen nestes días en territorio galego poden continuar a súa estancia con normalidade, sempre e cando non se atopen ou queiran desprazarse a concellos perimetrados, respectando todas as medidas sanitarias establecidas.

 

No que atinxe en concreto aos peregrinos que aínda están realizando o Camiño de Santiago nesta época do ano, é preciso lembrarlles que poden pasar en tránsito polos concellos perimetrados, sempre que sexa única e exclusivamente para seguir o seu camiño, isto é, non poden quedarse a pernoitar nos mesmos, nin facer uso doutros servizos como restaurantes.

 

Así, no caso de ter previsto pernoitar nos concellos perimetrados, terán que cambiar o seu destino e achegarse a algún dos concellos limítrofes. Neste sentido, recordar que os peregrinos teñen a súa disposición ferramentas como a reserva en liña de albergues que lles permite coñecer a ocupación e reservar unha praza.

 

Hai unha excepción: os peregrinos que xa estiveran en camiño hoxe e poidan demostralo cos selos, si poderán acceder a Santiago e pernoitar na capital, pero sempre respectando escrupulosamente as medidas sanitarias vixentes, entre elas o uso obrigatorio de máscara.

 

Cómpre recordar  que estas son unhas restricións sanitarias, acordadas dentro do comité clínico, e que teñen como única finalidade preservar a saúde de todos os galegos e galegas e de todos os que nos visitan.

 
Arriba