A Xunta fomenta a seguridade dos peregrinos no Camiño Francés cunha senda peonil no albergue do Pino
Turismo de Galicia destinará preto de 100.000 euros á construción desta infraestrutura que permitirá conectar a Ruta Xacobea con este establecemento
Co obxecto de promover a seguridade na peregrinación cara a Compostela, a Xunta de Galicia destinará preto de 100.000 á construción dunha senda peonil que conecte o Camiño Francés coa albergue de peregrinos do Pedrouzo, no Concello do Pino.
Esta actuación, froito do convenio asinado entre Turismo de Galicia e o Concello do Pino, permitiralle aos peregrinos evitar os riscos de circular na contorna da estrada N-547 a través dunha vía para camiñantes paralela ao rego do Burgo.
Ademais da seguridade na peregrinación a Compostela polo Camiño Francés, con esta actuación preténdese mellorar a estructura da propia Ruta Xacobea así como e o seu valor paisaxístico.
O Camiño Francés foi declarado o Primeiro Itinerario Cultural Europeo, Ben de Interese Cultural, e Patrimonio da Humanidade e é a ruta mais transitada por peregrinos de tódalas nacionalidades. Así, case o 55% dos peregrinos que fixeron o Camiño de Santiago no ano 2021 peregrinaron por esta ruta.