31 xan 2023

Turismo de Galicia leva a cabo en Ferrol unha nova edición do ciclo Xacobeo Peregrinas coa participación de Ana Ares, María Canosa e Paloma Lago

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto que tivo lugar no Museo Exponav

 
Xacobeo Peregrinas é un ciclo de conversas nas sete grandes cidades galegas levado a cabo por Turismo de Galicia en colaboración coa Fundación La Caixa
 
Xacobeo peregrinas, en Ferrol.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou  nunha nova edición do ciclo Xacobeo Peregrinas, un ciclo de conversas protagonizadas por mulleres de excepcionais traxectorias en diferentes disciplinas profesionais.

A directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, a escritora e comunicadora María Canosa e a modelo e presentadora Paloma Lago compartiron experiencias co Camiño inglés como fío condutor do evento.

Mediante esta iniciativa, preténdese afrontar os dilemas e desafíos da sociedade contemporánea desde a perspectiva da diversidade e o diálogo a través dunha programación multidisciplinar capaz de unir a ciencia, a innovación, as artes, a música, o deseño, a arquitectura, o deporte, a gastronomía ou a filosofía gracias ás participantes convidadas.

 
Arriba