06 xul 2024

O xardín inspirado no Camiño de Santiago da xunta gaña o premio do público como mellor instalación no Hampton Court Palace Garden Festival de Londres

 A proposta que Turismo de Galicia levou á en Londres o certame e feira anual Hampton Court Palace Garden Festival inspirado no Camiño de Santiago e en homenaxe ao Apóstolo vén de recibir a medalla de prata e o premio do público, situando o xardín da comunidade galega entre as mellores iniciativas desta exposición que move cada ano a numerosas persoas interesadas no potencial paisaxístico dos destinos que visitan.

Galicia presentou durante toda esta semana un xardín de 100 metros cadrados que rende homenaxe ao Apóstolo Santiago a través de distintos elementos xacobeos como a concha ou cruz de Santiago.  De carácter intimista, a proposta reflexa o espírito da ruta xacobea tomando como referencia diferentes emprazamentos de localidades do Camiño Inglés para poñer en valor o vínculo co Reino Unido. Está composto por diferentes especies como camelia xapónica, magnolia, diferentes variedades, entre outras.

Durante esta semana -na que no acto inaugural se contou coa participación dunha representante da Real Banda de Gaitas de Ourenser, a gaitera Aroa Piñeiro, que amenizou a posta en escea, o xardín foi visitado por máis de 250.000 persoas interesadas en destinos de natureza e patrimonio histórico artístico

Esta é  a quinta ano vez que Galicia participa cun xardín neste certame, participou xa con Rías de Galicia, un xardín ao final da terra, de inspiración mariñeira; o ano anterior con O xardín segredo do Pazo e o anterior con A Ruta da Camelia, cun premio na máxima categoría. Máis recentemente tamén cun xardín de inspiración indiana.

En todos os casos, o Goberno autonómico aposta por poñer en valor no eido internacional varios dos recursos singulares de Galicia, como o patrimonio artístico, botánico e tamén a cultura asociada ao turismo mariñeiro. Convocado pola Oficina Española de Turismo de Londres, a Xunta participa este ano nesta feira cun espazo compartido con Turespaña no que ademais de amosar o xardín galego dispón dunha zona de información turística e de atención aos visitantes e para citas cos profesionais.

A Hampton Court Palace Garden Festival é unha das feiras anuais de xardíns e exposición de flores máis grandes do mundo e ocupa un espazo que abarca 33 hectáreas. Na pasada edición foi visitada por máis de medio millón de visitantes amantes dos xardíns e especialmente interesados por viaxar buscando os recursos naturais e botánicos do destino.

 
Arriba