22 nov 2024

O ciclo A Coruña Sounds inclúe o concerto de Leiva o vindeiro mes de xullo co apoio da Xunta

A Xunta de Galicia impulsa o ciclo Coruña Sounds 2025 cun novo concerto, neste caso o tour Gigante de Leiva que terá lugar o 12 de xullo no Muelle da Batería. Deste xeito, Turismo de Galicia dá un paso máis na súa estratexia de promover grandes citas musicais e artísticas co fin de nutrir a oferta turística da cidade herculina.

As entradas para o espectáculo do músico madrileño, promovido pola produtora Bring the Noise, sairán á venda o próximo 27 de novembro a partir das 12,00 horas a través dos puntos habituais e da web www.leivaentradas.com.

Con este espectáculo dáse continuidade ao ciclo de concertos A Coruña Sounds, co apoio de Turismo de Galicia, que levou á cidade nos últimos meses a artistas como Emilia, Camilo, Robe e Luis Miguel. No marco deste festival, pero xa na edición 2025, Lenny Kravitz actuará o 10 de abril.

Ademais do ciclo A Coruña Sounds, no marco de Gozo Festival celebrarase o 15 de decembro o concerto de Rod Stewart. Tamén están por celebrarse outros espectáculos como o de Sara Baras, este mesmo sábado, ou Raphael, o 30 de novembro.

Arriba