Rueda visita Ribadavia tras alzarse como gañadora da undécima edición do concurso ‘Juntos brillamos más’
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou a localidade de Ribadavia tras alzarse coma gañadora da undécima edición do concurso estatal Juntos brillamos más, organizado por Ferrero Rocher e que permitirá aos veciños desfrutar dunha iluminación e decoración especial neste Nadal.
Rueda percorreu diferentes puntos da vila para comprobar as labores de montaxe do escenario e do alumeado navideño. Entre os elementos que contarán este ano cunha decoración especial está o castelo dos condes de Ribadavia, a Praza Maior, a Torre do Reloxo ou as rúas do barrio xudeu.
Ademais, o presidente achegouse ata a igrexa de San Xoán, onde parte dos veciños da localidade estaban a gravar un anuncio con motivo da elección do concello coma gañador do certame no que quedaron finalistas localidades coma Ágreda (Soria), Biar (Alacante), El Coronil (Sevilla) e La Aldrada (Ávila).