04 abr 2025

Xosé Merelles dá a benvida ao Centro Superior de Hostalería de Galicia a un grupo de 26 hostaleiros arxentinos que se especializarán en xestión hoteleira

O director de Turismo e Galicia, Xosé Merelles, deulle a benvida ao Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) a un grupo de 26 hostaleiros e directivos da Federación Empresaria Hostaleira Gastronómica da República Arxentina (FEHGRA) que viaxaron a Galicia para realizar o Curso de Xestión e Dirección Hostaleira impartido polo CSHG.

A formación desenvolverase ata o 10 de abril e está deseñada exclusivamente para propietarios e xerentes de establecementos hostaleiros asociados en todo o país suramericano, ofrecendo unha oportunidade única para fortalecer habilidades crave na xestión hostaleira. O CSHG colabora coa FEHGRA no fortalecemento da industria hostaleira arxentina, acollendo a directivos de diferentes provincias e da propia entidade para programas de formación continua e participación en eventos do sector.

Arriba