08 mai 2025

A Xunta participa no Congreso Europeo de Turismo Rural centrado na promoción e innovación desta oferta turística

A directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, participou no Congreso Europeo de Turismo Rural Coetur 2025, organizado pola plataforma EscapadaRural.com que tivo lugar na cidade de Chinchón, na Comunidade de Madrid. Durante o encontro, analízáronse en distintas mesas de traballo, as últimas propostas en materia de promoción e innovación desta oferta turística nos destinos nacional e autonómicos.

En concreto, Carmen Pita participou na mesa que levou por título ‘Como aproveitar a demanda internacional dos nosos destinos rurais’ e compartiu experiencias con responsables turísticos de Turespaña e das comunidades de Madrid e Euskadi. Durante a súa intervención, a directora de Promoción salientou que Galicia pechou o pasado ano cun peso do 30% do turismo internacional e do 56% dos peregrinos que fixeron o Camiño de Santiago. Ademais, lembrou a aposta da Xunta pola promoción cun plan de acción en máis de 30 mercados e 130 accións específicas.

Arriba