19 mai 2025

As Nogais celebra o 25 de maio a 18ª Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares co apoio da Xunta

Lugo, 19 de maio de 2025

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da XVIII Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares, que se celebrará nas Nogais o domingo 25 de maio. O acto contou coa presenza do delegado territorial, Javier Arias, e do alcalde, Jesús Núñez.

A Administración autonómica colabora con esta festa organizada pola Asociación de Empresarios e o Concello dos Nogais. Arias destacou a importancia do evento para “enxalzar un dos pratos máis emblemáticos da gastronomía galega” ao mesmo tempo que “supón un importante impulso para a actividade social e económica do concello”.

Os postos da feira abrirán ás 10,00 horas. Ao longo do día haberá actuacións de música e baile a cargo das asociacións Airiños do Neira de Baralla e Abrente das Nogais, ademais dunha función do grupo de teatro desta última.

Como actividade previa, o sábado 24 a partir das 21,00 horas haberá unha touciñada popular seguida de verbena na praza do Concello.

Arriba