18 xul 2025

Xosé Merelles repasa co alcalde de Poio a promoción dos recursos turísticos locais

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co alcalde de Poio, Ángel Moldes, con quen analizou a promoción dos distintos recursos turísticos deste municipio, entre os que se atopan o pobo de Combarro, o turismo de costa e a gastronomía, entre outros.

Ademais, o alcalde trasladoulle o seu interese por promover a Festa da Ameixa que se vén celebrando desde hai máis de trinta anos e que supón a potenciación do produto local e do marisqueo como actividade tamén das xentes deste municipio. Xosé Merelles e Ángel Montes tamén analizaron a calidade da oferta de establecementos turísticos do concello e o director de Turismo trasladoulle as diferentes convocatorias ás que poden concorrer para a súa mellora e adaptación con criterios de sostibilidade.

Arriba