23 xan 2026

O espazo de Galicia Calidade en Fitur 2026, premiado como mellor stand das comunidades autónomas da feira

O stand de Galicia en Fitur 2026 que este ano se articulou baixo a clave e marca país ‘Galica Calidade’ foi premiado como Mellor stand dentro da modalidade de Comunidades Autónomas. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recolleu o recoñecemento do que lle fixo entrega a directora de Fitur, María Valcarce. O espazo no que se están a desenvolver máis de 50 presentacións de destino deste o pasado mércores ata este venres, remite co seu lema á excelencia como factor definitorio de Galicia como destino turístico, así como aos valores e recursos da comunidade neste ámbito.

No seu deseño primouse unha estética sobria e elegante, de liña sostible, a través da que acoller ás persoas visitantes e levalas máis aló do visual, aproximando á reflexión e á conexión. Está construído con materiais de alto rendemento ambiental, como paneis e mobiliario de fibra elaborados a partir da reciclaxe de máis de 52.000 botellas de PET (até 75 botellas por metro cadrado), co que se traslada o compromiso coa sustentabilidade. O stand esta atendido por informadores galegos especializados para a atención personalizada a todos os visitantes.

Arriba