13 out 2013

Chegou a Santiago o peregrino número 200.000 tras percorrer o Camiño dende Saint-Jean-Pied-de Port

Chámase Stephen Wood e ven de Canadá coa súa parella. Comezou o Camiño Francés o día 9 de setembro.


No que vai de ano percorreron algunha das rutas xacobeas 2.803 peregrinos procedentes de Canadá, un 14,4% mais que os rexistrados o ano pasado procedentes dese país.


Turismo de Galicia faralle entrega mañá a Chrístopher e a súa parella dun Bono Iacobus, o programa que permite percorrer as rutas xacobeas aloxándose en casas de turismo rural de Galicia.

Turismo de Galicia faralle entrega mañá a Chrístopher e a súa parella dun Bono Iacobus, o programa que permite percorrer as rutas xacobeas aloxándose en casas de turismo rural de Galicia.

O peregrino número 200.000 chegou hoxe a Santiago.

Stephen Wood e a súa parella comezaron o día 9 de setembro na localidade francesa de Saint-Jean-de-Pied-de Port o Camiño Francés a Santiago. Stephen ten 34 anos e é enxeñeiro. Proceden de Sarkatoon en Canadá. Christopher é o peregrino 200.000 que recolle este ano a Compostela na Oficina do Peregrino da Rúa do Vilar.


Canadá é o país do que chegaron a Santiago no que vai de ano 2.803 peregrinos. Isto supón un 15,4% máis que os camiñantes chegados dese país norteamericano o ano pasado. Canadá é o oitavo país que máis peregrinos achegou este ano, tras Alemaña, Italia, Portugal, Estados Unidos, Francia, Irlanda e Gran Bretaña.


No que vai de ano percorreron o Camiño Francés un total de 139.925 camiñantes, o que supón o 69,92% dos peregrinos que recolleron a Compostela ao longo deste 2013. Isto implica un 13,05% máis de peregrinos que chegaron a Santiago por esta Ruta que os que o fixeron no mesmo período de 2012.


No conxunto das rutas, ata este domingo pola mañá chegaron a Santiago 22.598 peregrinos máis que no mesmo período do ano pasado, o que implica unha suba do 12,7% a respecto dos rexistrados a 13 de outubro de 2012.


Premio para o peregrino 200.000


A directora de Turismo de Galicia faralle entrega mañá a Stephen Wood dun Bono Iacobus como agasallo por ter recollido a Compostela número 200 mil deste 2013. O Bono Iacobus é un programa deseñado por Turismo de Galicia que permite perecorrer calquera das Rutas Xacobeas en Galicia aloxándose en casas de turismo rural galegas adheridas ao programa e disfrutando da gastronomía típica.
 

Arriba