07 feb 2014

Xantar celebra o día dedicado ao turismo e ao cooperativismo na terceira xornada de feira

O evento contou coa intervención da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, quen resaltou a importancia da actividade cooperativizada para o desenvolvemento económico e social do territorio, así como as potencialidades da gastronomía como reclamo turístico e das manifestacións culturais e etnográficas como elementos diferenciadores do destino.   -Tamén estiveron presentes no acto o director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, a directora de Comercio, Sol Vázquez, o presidente da Mancomunidade Turística Terras do Avia, o alcalde de Parada de Sil, o presidente da cámara municipal de Ponte de Lima e mais o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.   -Xantar incorpora un stand do Consello Galego de Cooperativas onde se informa das potencialidades e solucións que ofrece o cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego

Xantar celebra o día dedicado ao turismo e ao cooperativismo na terceira xornada de feira

O recinto feiral de Expourense acolleu hoxe a terceira xornada do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo. O día de hoxe está dedicado ao turismo e ao cooperativismo e contou coa intervención na mesa central da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, así como do director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá; a directora de Comercio, Sol Vázquez, o presidente da Mancomunidade Turística Terras do Avia, o alcalde de Parada de Sil, o presidente da cámara municipal de Ponte de Lima e mais o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.

Xantar celebra o día dedicado ao turismo e ao cooperativismo na terceira xornada de feira

Na súa intervención, a directora de Turismo de Galicia incidiu na importancia da actividade cooperativizada para o desenvolvemento económico e social dun territorio, así como do asociacionismo para a implementación de elementos innovadores e o incremento da competitividade das empresas. Resaltou que o turismo é un sector que supón o 10,6% do produto interior bruto e a necesidade de fomentar a cooperación público privada para conseguir un desenvolvemento sustentable e rendible do sector turístico.

Ao tempo, sinalou que o aumento da capacidade de internacionalización vén dado pola adopción de políticas que favorezan o asociacionismo e a creación de figuras integradas por varias empresas co obxectivo de acadar un interese común, minimizando os custos e maximizando os efectos. Resaltou que o turismo configura unha vía de crecemento para a economía e a actividade turística contribúe á internacionalización do destino e tamén dos produtos xerados en Galicia.

Incidiu no traballo de Turismo de Galicia para internacionalizar a oferta gastronómica da Comunidade e tamén no feito de que a gastronomía constitúa o eixo vertebrador de novos produtos turísticos.

Dado que Xantar celebraba hoxe tamén a Noite do Entroido, a directora de Turismo de Galicia comentou tamén a vinculación entre as tradicións culturais e etnográficas coa gastronomía típica de cada celebración, tal é o caso do Entroido en Galicia.

A directora de Turismo resaltou algunhas das manifestacións máis singulares do Entroido na nosa Comunidade e lembrou que a Xunta de Galicia celebra este mesmo domingo en Santiago de Compostela un acto de exaltación dos diferentes entroidos de Galicia, que ten por obxectivo a difusión da gran riqueza cultural e etnográfica das comarcas e vilas.

O acto do día do Turismo e Cooperativismo contou tamén con representantes de Ponte de Lima, Parada de Sil e Terras do Avia. A este respecto, a directora de Turismo de Galicia destacou a importancia da cooperación transfronteiriza e o auxe do Camiño Portugués, que xa é a segunda ruta máis percorrida polos peregrinos a Santiago de Compostela.

De igual modo, incidiu na importancia dos recursos turísticos de Parada de Sil e mais das Terras do Avia así como a súa vinculación cos viños con Denominación de Orixe Protexida de Galicia.

O día das cooperativas en Xantar
O director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, lembrou que o Consello Galego de Cooperativas está a participar nesta feira por medio dun stand propio onde se informará das potencialidades e solucións que ofrece o cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego.

Tamén estarán presentes cooperativistas e asociacións que mostrarán as súas experiencias prácticas e expoñerán os froitos da terra e do mar, obtidos con todo o coidado dos métodos artesáns, mellorados con procedementos innovadores e envasados coa tecnoloxía máis actual.

Arriba