19 mar 2017

O País Vasco acolleu a presentación da oferta turística galega para o ano 2017

 A Comunidade galega volveu estar presente no Salón da Evasión e do Turismo, Sevatur, unha feira que este ano celebra a súa XV edición, con dedicación tanto aos profesionais do turismo como ao público final

Neste certame, Turismo de Galicia incidiu especialmente nos produtos e servizos turísticos relacionados coa natureza e a cultura e na oferta turística galega relacionada coa gastronomía e o enoturismo

O labor de promoción de Turismo de Galicia levou esta fin de semana a oferta turística galega ao País Vasco, a través do certame Sevatur, que se celebrou desde o pasado xoves na cidade de San Sebastián.

A Comunidade galega volve estar presente no Salón da Evasión e do Turismo, Sevatur, unha feira que este ano celebrou a súa XV edición, con dedicación tanto aos profesionais do turismo como ao público final

Sevatur é, xunto a Expovacaciones de Bilbao, o certame turístico máis importante dos que se celebran anualmente no País Vasco e nesta ocasión, Turismo de Galicia participa cun stand de deseño de 36 metros cadrados co obxecto de difundir a oferta, produtos e recursos turísticos de Galicia entre un dos públicos españois máis interesados nas viaxes turísticas.

Oferta turística

Polo que respecta á oferta turística galega, Turismo de Galicia incidiu especialmente nos produtos e servizos turísticos relacionados coa natureza e a cultura, con especial fincapé no Camiño de Santiago.

Por outra parte, o departamento de Turismo da Xunta presentou a oferta turística galega relacionada coa gastronomía e o enoturismo, nun dos mercados con máis tradición gastronómica de España.

Promoción Viños e camelias

Por outra parte, Turismo de Galicia mantén desde o pasado 1 de marzo a promoción Viños e camelias, que permanecerá operativa ata o día 31 deste mes no establecemento Bodega urbana de Bilbao.

Esta acción de difusión da oferta turística galega , que se repetirá en San Sebastián entre os días 1 e 30 de abril, combina o producto relacionado cos pazos e os xardíns co enoturismo, a través da presenza da Denominación de Orixe Protexida Rías Baixas.

Arriba