10 mai 2019

Arranca na Vía da Prata a primeira edición de ‘Camiños Sonoros’, o ciclo musical con 40 concertos a cargo de novos prodixios galegos

 Impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación de Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, enmárcase na programación do Xacobeo 21 e no Plan Director do Camiño que prioriza accións culturais e melloras nesta ruta en 2019

 
Comezaron na vila ourensá de Vilamarín e estenderase durante as fins de semana de maio, xuño e xullo coa participación de máis de 100 estudantes de diferentes conservatorios profesionais de música da Comunidade
 
As actuacións celebraranse en emprazamentos de interese patrimonial como o Castelo de Monterrei, o Mosteiro de Carboeiro, o Pazo de Liñares ou o Pico Sacro
 
Os músicos Susana Seivane, Abe Rábade e Víctor Prieto, todos eles nacidos ou relacionados coa Vía da Prata, participan como embaixadores nesta iniciativa
 

 Os concellos ourensáns de Vilamarín e A Gudiña acolleron os primeiros concertos de Camiños Sonoros, o novo ciclo musical impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo en colaboración coa Asociación de Xuventudes Musicais Eixo Atlántico que, no marco da programación do Xacobeo 21, divulga o Camiño de Santiago a través da música e conta coa participación de estudantes de conservatorios profesionais de música da Comunidade.

Celebraranse un total de 40 concertos gratuítos, dirixidos ao público xeral que terán lugar durante as fins de semana de maio, xuño e xullo en diferentes emprazamentos de interese patrimonial na Vía da Prata como, entre outros, o Castelo de Monterrei, o Mosteiro de Carboeiro, o Mosteiro de Oseira, o Pazo de Liñares en Lalín ou o Pico Sacro, en Boqueixón, percorrendo as tres provincias galegas polas que atravesa este itinerario xacobeo.

Os concertos correrán a cargo de máis de 100 estudantes de conservatorios profesionais situados na Vía da Prata como os de Xinzo de Limia, Ourense, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, así como con alumnos dos dous conservatorios superiores, o de Vigo e o da Coruña. As actuacións musicais, de balde para o público, incluirán un repertorio de diferentes estilos e nalgúns casos combinaranse con breves explicacións dos intérpretes.

Camiños Sonoros incluirá tamén unha acción especial o 2 de xuño en Santiago de Compostela. Trátase do Concerto dos embaixadores, coa participación dos músicos Susana Seivane, Abe Rábade e Víctor Prieto -todos nacidos nalgunha localidade da Vía da Prata, ou con especial relación con algunha delas- que actúan como embaixadores desta iniciativa.

O Camiño a través da música

Este ciclo musical forma parte da programación previa do Xacobeo 21 e inclúese no calendario do Plan Director do Camiño de Santiago, que prioriza melloras e diferentes accións de dinamización cultural na Vía da Prata en 2019. Ademais de divulgar o Camiño de Santiago a través da música, este festival afondará tamén na profesionalización do sector musical. Por iso, incluirá unha xornada formativa de autoemprendemento musical, con clases sobre ferramentas e habilidades para desenvolver unha carreira profesional dentro da música e cun grupo de actores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg).

PROGRAMACIÓN DE CAMIÑOS SONOROS 2019

 

Venres 10 de maio

 

Vilamarín. Pazo de Vilamarín. 20,00 h.

Sábado 11 de maio

 

A Gudiña. Área Panorámica. 18,00 h.

Domingo 12 de maio

 

A Gudiña. Igrexa de San Pedro. 11,30 h.

Venres 17 de maio

 

A Mezquita. Igrexa de San Martiño. 20,00 h.

Sábado 18 de maio

 

Verín. Igrexa da Mercé. 20,45 h.

Domingo 19 de maio

 

Verín. Praza da Mercé. 13,30 h.

Venres, sábado e domingo 24, 25 e 26 de maio

 

Monterrei. Castelo de Monterrei. Xardín do Pazo dos Condes. 20,00 h.

Venres 31 de maio

 

Santiago de Compostela. Praza de Praterías. 20,00 h.

Sábado 1 de xuño

 

Santiago de Compostela. Praza de Praterías. Dobre sesión: 12,30 e 20,00 h.

Domingo 2 de xuño

 

Santiago de Compostela. Praza das Praterías. 12,00 h.

Xornada formativa para os participantes, 16,00-20,00 h.

Praza de Cervantes: Concerto Embaixadores con Susana Seivane, Abe Rábade e Víctor Prieto. 21,00 h.

Venres 7 de xuño

 

Ourense. Praza de San Martiño. 20,00 h.

Sábado 8 de xuño

 

Ourense. Praza de San Martiño. Dobre sesión: ás 13,00 h e ás 20,00 h.

Domingo 9 de xuño

 

Ourense. Praza de San Martiño.13,00 h.

Venres, sábado e domingo 14, 15 e 16 de xuño

 

A Estrada. Palco de música da Alameda. 20,00 h.

Venres 21 de xuño

 

Ourense. Igrexa de Santa Eufemia. 20,30 h.

Sábado e domingo 22 e 23 de xuño

 

Xunqueira de Ambía. Colexiata de Santa María.18,00 h.

Venres, sábado e domingo 28, 29 e 30 de xuño

 

Lalín. Pazo de Liñares. 20,00 h.

Venres 5 de xullo

 

San Cristovo de Cea. Mosteiro de Oseira. Refectorio monumental. 19,15 h.

Sábado e domingo 6 e 7 de xullo

 

Xinzo de Limia. Igrexa de Santa Mariña (Igrexa Vella). 20,45 h

.

Venres e sábado 12 e 13 de xullo

 

Silleda. Mosteiro de Carboeiro. O venres ás 19,00 h. e o sábado ás 20,00 h.

Domingo 14 de xullo

 

A Mezquita. Igrexa de San Martiño. 20,00 horas

Venres 19 de xullo

 

Allariz. Igrexa de Santiago. 21,00 h.

Sábado 20 de xullo

 

Allariz. O Arnado. 20,30 h.

Domingo 21 de xullo

 

Allariz. Praza do Eiró. 20,30 h.

Venres 26 de xullo

 

Vedra. Nave multiusos estación tren. 21,00 h.

Sábado 27 de xullo

 

Vedra. Capela do Santiaguiño 21,00 h.

Domingo 28 de xullo

 

Boqueixón, Pico Sacro 20,00 h.

Arriba