16 set 2019

A directora de Turismo de Galicia salienta o papel de Galicia como destino de turismo idiomático no acto de benvida dos alumnos internacionais da USC

Nava Castro, na recepción dos alumnos estranxeiros.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nos actos do International Students Welcome Days dando a benvida aos máis de 300 estudantes internacionais procedentes de ata 40 países que van cursar este ano estudos na Universidade de Santiago de Compostela.

No acto puxo de manifesto a oportunidade que este alumnado terá tamén na súa estadía en Galicia para coñecer o destino, a lingua e a cultura local. Recordou que o turismo idiomático é un segmento tido moi en conta na política turística da Xunta por ser visitantes que tenden a realizar unha longa estadía permitíndolles coñecer máis días o destino completo. Ademais, e como recordou a directora de Turismo, os viaxeiros internacionais son cada vez máis en Galicia. De feito, no que vai de ano, o número de visitantes estranxeiros rolda os 800.000 e está a medrar a un ritmo do 12%.

 
Arriba