08 out 2019

Xornalistas e bloggers coñecerona oferta turística da Vía da Prata nunha viaxe impulsada por Turismo de Galicia

Os participantes do presstrip traballan en blogs, revistas e medios de comunicación de cidades polas que transcorre esta Ruta Xacobea

A delegada da Xunta en Ourense, cos xornalistas e bloggers participantes na viaxe.

 A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, percorreu  un treito do Camiño de Santiago acompañando ao grupo de xornalistas e bloggeros achegado de distintas comunidades polas que transcorre a Vía da Prata que percorreron Galicia nunha viaxe organizada pola Consellería de Cultura e Turismo para promover nas súas zonas de orixe os valores turísticos e o potencial deste camiño ao seu paso pola Comunidade galega.

Os participantes do presstrip nas provincias de Ourense, Pontevedra e A Coruña. A parada programada nesta viaxe na provincia de Ourense foi durante a fin de semana e incluíu, ademais da camiñada polo treito de 7 quilómetros do Camiño de Santiago entre Coedo e Allariz, a visita ao mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, e a outras localidades polas que pasa a Vía da Prata. Ademais , as termas de Outariz foron outro dos destinos deste percorrido pola provincia de Ourense. A viaxe completóusee coas visitas a concellos pontevedreses e coruñeses deste itinerario xacobeo (Lalín, Dozón, Boqueixón e Santiago de Compostela). Cómpre lembrar que a Vía da Prata percorre 35 concellos galegos, dos que 28 son ourensáns.

Díaz Mouteira puxo en valor a oferta e os recursos turísticos deste trazado e sinalou a Vía da Prata como unha ruta cun “enorme potencial de crecemento”, especialmente ás portas do vindeiro Ano Santo. Así, entre as súas calidades destacaron o seu clima favorable nas estacións frías, converténdoa nunha ruta adecuada para os meses da primavera e o outono, ou as súas condicións óptimas para os peregrinos que realizan a ruta a cabalo e en bicicleta, sumado ás sinerxías cos trazados que percorren Portugal.

A delegada territorial subliñou o compromiso da Xunta coa Vía da Prata e lembrou o investimento dedicado á súa mellora e sinalización, ao que se engaden accións de promoción e dinamización como o ciclo de concertos Camiños Sonoros, o programa Vive o Camiño ou a exposición itinerante De mar a mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata.

 

Arriba