18 xuñ 2021

A xira «Os Camiños das Músicas Galegas», coa Duendeneta, remata con dúas sesións en Santiago o domingo e o luns

Este proxecto enmárcase dentro da programación do Xacobeo a través da colaboración de la Fundación “La Caixa”

 
 
La duendeneta, no Cebreiro.

 Despois de percorrer en 19 concellos en 20 días e realizar 26 sesións, a xira de «Os Camiños das Músicas Galegas» chega ao seu remate, que, como non podía ser doutro xeito, ten por escenario Santiago de Compostela. A praza de Cervantes acolleu o luns 21 a última sesión comentada para dar a coñecer o presente e o pasado recente da música galega. 

O obxectivo fundamental da xira «Os Camiños das Músicas Galegas», que agora renata, era, e segue a ser, que os peregrinos e os veciños das vilas e ciudades polas que pasan os Camiños a Santiago teñan a oportunidade de coñecer e escoitar unha mostra da grande riqueza, variedade e calidade que ofrece a música feita en Galicia e en galego. A música feita en galego é un dos ámbitos máis descoñecidos e esquecidos da nosa cultura. A pesar diso vívese un momento de vibrante efervescencia, que esta xira trata de reflectir.

O medio que se utiliza para levar as nosas músicas polas rutas xacobeas é La Duendeneta, unha orixinal e vintage «music truck», que durante 20 días está a percorrer os Camiños Francés, Inglés e Portugués, deténdose cada xornada nas prazas das vilas que coinciden con habituais finais de etapa para ofrecer alí unha sesión musical comentada.

O proxecto enmárcase dentro da programación do Xacobeo a través da colaboración de la Fundación “La Caixa”

O encargado de realizar estás sesión didácticas é o xornalista e crítico musical Carlos Crespo, quen conta cunha experiencia de máis de 20 anos na difusión da cultura dende diversos medios de comunicación. A xeito case dun programa de radio, cunha duración de aproximadamente 90 minutos, realiza un percorrido sonoro e comentado pola historia da música galega, dende os pioneiros do pop ata o día de hoxe, incluíndo todos os xéneros: pop, rock, folk, canción de autor, hip hop, tradicional, electrónica, blues...

«O obxectivo é expoñer un retrato en varias cores do que foi e do que é a nosa música, especialmente nun momento de tanta efervescencia e creatividade como o actual. E amosalo dun xeito didáctico ao tempo que lúdico e orixinal», explica Carlos Crespo

QR con lista de reproducción

A sesión combina a selección musical con comentarios nos que se van subliñando os datos fundamentais para que os asistentes poidan disfrutar e entender cada época e os fitos musicais máis destacados que teñan acontecido nelas, con especial atención a estas últimas décadas. Como complemento entregaráselles un folleto con información e un código QR para que poidan escoitar unha lista de reprodución con todos os artistas e as cancións que soaron na sesión. O obectivos é que os peregrinos fagan as etapas do seguintes días escoitando música en galego.

O percorrido

A xira deu comezo o día 2 de xuño no Pedrouzo e percorreu o Camiño Francés a ata chegar ao Cebreiro. Despois continuou polo Camiño Inglés, dende Padrón ata Tui. E agora remata con estas dúas sesións en Santiago de Compostela os días 20 e 21.

A celebración das sesións de «Os Camiños das Músicas Galegas» adaptaranse á normativa sanitaria que estea vixente en cada momento. Se non existen restricións especiais que o impidan, colocaranse cadeiras para que o público poida seguir a sesión sentado, mantendo a distancia de seguridade e con máscara. Haberá control de acceso ata completar a capacidade pero son será preciso realizar reserva previa.

La duendeneta

As sesións realizaríanse dende La Duendeneta, unha orixinal discoteca móbil vintage, habilitada nunha furgoneta Avia de 1974. Unha sorte de “music-truck” ben coñecida en Galicia porque nestes últimos anos xa ten estado en infinidade de festas e eventos e en festivais como Portamérica, Atlantic Fest, Festival de Cans, Caudal Fest, Revenidas, ou Surfing’ the Lerez, entre outros

---

Arriba