28 mar 2023

Nava Castro salienta o Camiño de Santiago como parte fundamental da nosa cultura durante a presentación dun documental sobre o Camiño Francés

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do documental esta mañá no Museo das Peregrinacións

 

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou  na presentación do documental “Camiño Francés: só camiña”, onde salientou a importancia do Camiño na nosa cultura

Durante a presentación, Nava Castro fixo fincapé no éxito e as oportunidades que supón para a nosa comunidade contar coa tradición xacobea. Neste senso, destacou os datos máis recentes, que indican que están chegando a Galicia nestes primeiros meses do ano máis peregrinos que o ano pasado, concretamente no mes de febreiro chegaron un 40 % máis que en febreiro do ano pasado.
 
 “O Camiño de Santiago consolídase non soamente como parte da nosa cultura, senón tamén como un produto turístico que desestacionaliza e disemina a chegada de turistas a Galicia, favorecendo a loita contra a despoboación e a xeración de postos de traballo” finalizou Castro.
 
Arriba