26 feb 2024

A Xunta apoia con 1,8M€ o proxecto que dotará de restaurante ao Mosteiro de Oia, no Camiño Portugués da Costa

Mosteiro de Oia

O Consello da Xunta informou da primeira resolución da liña de axudas para a creación de establecementos turísticos en emprazamentos senlleiros do Camiño de Santiago no marco do Plan Xacobeo Next Generation. Este primeiro proxecto concedido é o que foi presentado o pasado mes de novembro pola empresa Residencial Mosteiro de Oia, SA, que suporá dotar ao Mosteiro de Oia de restaurante e que compatibiliza a creación desta oferta de restauración coa posta en marcha dun proxecto cultural dinamizador do turismo na contorna.

O proxecto conta cunha axuda de 1,8M€ (o 80% do investimento necesario) que sufragará, entre outras accións a reforma e rehabilitación do sistema envolvente e estructural, así como da contorna e sistema de instalacións, mellora de carpinterías, cubertas e envolvente. Tamén se inclúen actuacións de mellora en instalacións de iluminación e control, sistemas con contribución renovable, mellora de accesibilidade, entre outras.

A intervención sitúase no ámbito do Mosteiro de Oia, sito no Concello de Oia, Pontevedra no Camiño Portugués da Costa. A chegada ao restaurante realizarase desde o Patio de Armas, mediante o acceso existente na praza fronte ao atrio de la Iglesia, o paseo polo Patio de Armas, con vistas á costa de Oia e ao Mosteiro finaliza no Patio de Oficinas, desde onde se accederá ao corpo principal do restaurante: a antiga enfermería.

Na planta baixa, a antiga enfermería será reconfigurada para albergar a recepción do restaurante, a zona de bar do restaurante e dous aseos adaptados para persoas con discapacidade. Estes últimos estarán precedidos por un vestíbulo que proporciona un acceso adecuado e con dobre porta. No semisoto, accederase a unha zona que permite o recoñecemento dos antigos muíños de gravidade, servindo como anexo ao espazo superior. Este espazo semisoto conta con xanelas que ofrecen vistas ao río Lavandeira e presenta un patio no seu testero oeste.

Proxecto rematado en 2025
Na entreplanta, situada directamente sobre a planta baixa, crearase unha nova terraza vexetal orientada cara ao océano, desde a cal se poderá gozar da posta de sol. A nave norte, situada na zona do Patio dos Naranjos, albergará o comedor principal do restaurante.  Entre o corpo da antiga enfermería e a nave norte configurarase o espazo destinado á cociña, con accesos que conectarán ambos os espazos.

Desde o patio de oficinas, na Panda Norte do Claustro, situarase un espazo de consigna para os traballadores con acceso independente, así como os vestiarios e baños para o persoal. Como se establecía nas bases, a creación do establecemento turístico vai unida á posta en valor e mellora ou rehabilitación dun ben de interese cultural (BIC). Neste caso o novo establecemento leva aparellada a rehabilitación do Mosteiro de Oia. Tamén se requiría que, polo menos un 80 % da capacidade temporal ou espacial anual destinarase a fins culturais. Neste caso concreto a visita pública será todo o ano, de martes a domingo, en horario 11:00 –13:00 h e 16:00 –18:00 h. A empresa deberá ter as obras acabadas o 31 de outubro de 2025. 

Dado que o prazo de presentación de solicitudes para esta liña de axudas remata o 18 de marzo e que o orzamento da convocatoria é de 4 millóns de euros, aínda poden presentarse novas solicitudes que serán resoltas por orde de entrada, ao tratarse dunha convocatoria de concorrencia non competitiva. A liña de axudas diferencia dous tipos de proxectos: os que fomenten a competitibidade e sustentabilidade turística en establecementos senlleiros e os que busquen dinamizar o turismo cultural coa posta en valor de Bens de Interese Cultural. En ambos casos levará asociado a creación de novos establecementos que poden ser de aloxamento ou de restauración (restaurantes, cafeterías ou bares) e que estean situados en concellos do Camiño de Santiago. Tamén en ambos casos as axudas van dirixidas a pequenas, medianas ou grandes empresas.

Plan Xacobeo Next Generation
Esta liña de subvencións enmárcase nos distintos proxectos que a Xunta de Galicia está facendo realidade cos fondos europeos que foron asignados á Comunidade galega co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. En concreto, forma parte dos 39,2M€ -dos que a Xunta xestiona directamente máis de 31M€- cos que se puxo en marcha o Plan Xacobeo Next Generation. Ademais desta liña de axudas, este plan inclúe a sinalización da rede cicloturística Eurovelo, que está en execución ou o proxecto de revalorización da Ruta Traslatio, en ejecución. Este Plan Xacobeo Next Generation comprende tamén a rehabilitación de 12 BIC do Camiño de Santiago.

Arriba