FORMACIÓN E ASESORAMENTO "COMO DESEÑAR OS PREZOS"
Programa
O Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, persegue facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos. Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, o marketing e a comercialización dos establecementos a transformación dixital e a innovación como resposta as necesidades do mercado turístico nos vindeiros anos.
O obxectivo desta formación de 3 horas é establecer a estratexia de prezos que a emprea debe seguir aorde a o seu produto/servizo, cliente, custos, canles de venda, etc.
CONTIDOS
- Sabemos canto custa o noso produto/servizo?
- Plan de segmentación
- Custo da distribución
- Dinámica de mercados
- Obxectivos da estratexia de prezos
- Temos histórico?: O uso do dato
MEDODOLOXÍA
Formación en liña de 2 horas de exposición a cargo do relator principal e 1 hora adicional a cargo dun panel de expertos formado por profesionais que presentarán os seus casos de éxito.
DATA: Venres 24 de Novembro de 10:30h a 13:30h
Nº PRAZAS: 100
FORMADOR: Pablo Granell
Certificate in Hospitality Marketing by Cornell University, Postgrado en Turismo internacional por la Universidad de Valencia.
PANEL DE EXPERTOS:
- Rafael Ausejo, CEO de RURALKA
- Erika Rey, de Casa Rural TORRE DO RÍO
- Pilar Fernández de Troconiz, de Posada Real CASTILLO DEL BUEN AMOR
ASESORÍA PERSONALIZADA
Unha vez rematada a formación, os asistentes poderán solicitar servizo de asesoría personalizada ( prazas limitadas). Este servizo en liña terá unha duración de 3 horas por empresa e o custo da mesma estará financiada por Turismo de Galicia nun 80%.
DESTINATARIOS
Esta formación é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar o enfoque comercial do seu proxecto ou empresa.
CUSTO
Formación gratuíta. Financiada 100% por Turismo de Galicia
Asesoramento personalizado financiado 80% por Turismo de Galicia
INSCRICIÓNS
Para solicitar praza: PIQUE AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal