CALIDADE TURÍSTICA

11 dec 2020

WEBINAR “CREACIÓN DE EXPERIENCIAS TURÍSTICAS INNOVADORAS”

Pechado

Webinar “Creación de experiencias Turísticas Innovadoras”

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión, entre as que se identificaron as tecnolóxicas, financeiras ou de comunicación entre outras. Por ese motivo púxose en marcha o Plan de Formación de transformación dixital no sector turístico,  no que se enmarca esta actividade formativa dun total de 11 programadas entre os meses de novembro e xaneiro.

O cliente cada vez máis busca experiencias turísticas para gozar ao máximo da súa viaxe. Por tanto teremos que buscar as ferramentas que nos faciliten a creación e deseño das devanditas experiencias e nos axuden a comunicalas coa mensaxe adecuada e a situalas no mundo dixital aumentando desta maneira o posicionamento e as vendas.

 

OBXETIVOS

Coñecer as claves da creación de experiencias turísticas innovadoras
Poder deseñar unha boa ficha de produto ou experiencia turística
Coñecer as claves para mellorar o posicionamento e a venda das experiencias


DATA: Venres, 11 de decembro  ás 11:00 h

Nº PRAZAS: 150



RELATOR: Jimmy  Pons

Consultor e emprendedor en proxectos de e- commerce na internet e turismo desde 1997. É  Master en Xestión Empresarial Medio Ambiente  e ten máis de 20 anos de experiencia  en márketing dixital e innovación no Sector Turístico, alén de dedicarse  á formación no sector turístico impartindo clases en institucións como EOI,  EDEM,  ESCP  Europe e  é Director de  masters de turismo sobre: Innovación, Marketing dixital, sustentabilidade,  mindful Travel. É o creador do concepto  Mindfulness Executivo

DESTINATARIOS

Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 




 

PREZO DO CURSO

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación



 

INSCRICIÓN

Máis información:  formación.turismo@xunta.gal 

 

Arriba