CURSO PORTUGUÉS TURÍSTICO (Nivel B1)
Programa
Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2024, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego, cunha oferta de 70.000 horas de formación en diferentes linguas e niveis para que os profesionais do sector poidan mellorar a calidade do servizo a peregrinos e turistas que visitan Galicia.
Neste curso de Portugués intermedio, o alumno/a terá a posibilidade de seguir mellorando os coñecementos para poder comunicar cada vez mellor con turístas e compañeiros en lingua portuguesa. Aprenderán a describir accións, contextos e hábitos presentes, pasados e futuros, algo moi útil nun contexto laboral. Tamén será de axuda para expresar desexos, gustos, sentimentos e opinións sobre temas persoais e laborais. Trataremos temas como as vacacións, as viaxes e aprenderemos a interaccionar en temas importantes no mundo do turismo, entre outros temas. Repasaremos tempos verbais do nivel básico e introduciremos novas estruturas como o futuro, o condicional, os pronomes relativos ou os conectores de discurso.
METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.
NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO: B1
DATAS:
Solicitude de praza: do 23 de xaneiro ao 4 de febreiro
Confirmación admitidos: 8 de febreiro
Duración do curso: Do 12 de febreiro ao 19 de abril ( 11 semanas)
Exame: do 23 ao 26 de Abril
Nº PRAZAS: 100
DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe adquirir coñecementos básicos da lingua francesa para comunicarse con turistas e peregrinos.
REQUISITOS:
Ter acreditado Nivel A2 de Portugués ou certificado de Turismo de Galicia do Curso Portugués Turístico (A2). Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.
CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 75 horas de formación as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.
Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final en liña na Plataforma de Turismo de Galicia, en horario libre, que poderá facer entre o martes 23 e o venres 26 de abril ate as 14:00 horas.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
INSCRICIÓN:
Para solicitar praza: Pique aqui
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal