WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: CERTIFICACIÓN DE CALIDADE DE ÁMBITO LOCAL E PRIVADO"
Pechado
WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: CERTIFICACIÓN DE CALIDADE DE ÁMBITO LOCAL E PRIVADO"
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación para a campaña Gastronomía no Camiño, está o facilitarlle ás empresas de restauración ferramentas que lles permitan mellorar a súas praxes cara unha transformación sostible dos seus establecementos. A idea é facilitar os contidos teóricos para mellorar aspectos ambientais e patrimoniais, ou no caso de cumprir previamente con esas premisas, saber poñer en valor estas cualidades.
Cara a obtención dun mellor abastecemento do canal horeca é importante saber discernir cales son os criterios cos que poder escoller os provedores que nos faciliten os produtos que máis se adecúen as nosas necesidades e filosofía empresarial. Esta formación está pensada para dotar de ferramentas cara unha mellor xestión de compra da materia prima.
OBXETIVOS:
- Facilitar a información precisa para a interpretación dos distintos selos de calidade alimentario.
- Dotar de ferramentas para o manexo correcto da produción de pesca sostible.
- Dotar de ferramentas para a valoración dos produtos de gandeiria de pastoreo.
DATA: Martes, 1 de Xuño ás 11:00 h
Nº PRAZAS: 100
INTERVEÑEN:
Rocío García Carregal (Relatora e moderadora)
Licenciada en Ciencias Físicas, formada en sustentabilidade na Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, traballou ao longo da súa carreira profesional en diversos proxectos relacionados co eido medioambiental. A día de hoxe exerce dende Slow Food Compostela, no que é secretaria da asociación, e onde onde traballa con proxectos de desenvolvemento no sector primario e canal HORECA. Durante este anos participou coma consultora no programa de “Agricultura Familiar” da FAO e como observadora para a ONU na COP25.
Coa participación de:
Cristina Costa . Adega Marqués de Vizhoja. D.O. Rías Baixas
Jorge Gago. Restaurante A Maceta ( Santiago de Compostela)
DESTINATARIOS:
Xefes de equipo ou departamento de empresas de hostelería, restaurantes ou propietarios e profesionais responsables da xestión de compras e da restauración.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación .
INSCRICIÓN:
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal