CALIDADE TURÍSTICA

13 mar 2024

LINGUA DE SIGNOS E COMUNIDADE XORDA PARA PROFESIONAIS DA HOSTALERÍA

Pechado

LINGUA DE SIGNOS E COMUNIDADE XORDA PARA PROFESIONAIS DA HOSTALERÍA

Para solicitar praza: Pique aqui

Programa

Dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2024, inclúese a Formación en Lingua de signos e comunicación con persoas xordas  co obxetivo de ampliar coñecementos e mellorar cada vez máis a cualificación profesional dos traballadores do sector turístico galego, mellorar a atención e a comunicación coas persoas xordas e xordocegas no ámbito do turismo en Galicia e favorecer unha sociedade máis inclusiva.

Para esta formación presencial de 8 horas de duración poñeremos o foco nos participantes e na súa experiencia inmersiva a través dunha aprendizaxe cooperativa, fomentando a participación activa do alumnado en todas as actividades. Os contidos do curso terán un enfoque teórico e práctico aplicable no eido profesional da hostalería.

DATAS A ELEXIR: Mércores 21 de febreiro ou Mércores 13 de marzo de 2024

HORARIO: De 09:30 a 17:30 (Inclúese xantar no Restaurante á Carta do CSHG)

LUGAR: Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG). A Barcia s/n.  Santiago de Compostela 


 

Nº PRAZAS: 15

OBXECTIVOS:

  • Adquirir coñecementos básicos de Lingua de Signos (LSE).
  • Achegar as características psicosociolóxicas do colectivo xordo aos profesionais da hostalería.
  • Mellorar a atención e a comunicación coas persoas xordas e xordocegas, favorecendo as estratexias de comunicación non verbal con esta minoría sociolingüística.
  • Favorecer o coñecemento dos obstaculos cos que as persoas con discapacidade auditiva se atopan no sector hostaleiro.
  • Promover unha sociedade igualitaria.

 

DESTINATARIOS: Persoal do sector hostaleiro de Galicia que desexe adquirir coñecementos básicos sobre a comunidade xorda e a lingua de signos e adquirir destrezas comunicativas que faciliten a atención ás persoas xordas e xordocegas no ámbito do seu traballo.

REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego  no sector hostaleiro de Galicia.
 

PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe curso, material e xantar nas instalacións do CSHG.

CERTIFICADO
Os alumnos que participen no curso obterán un Certificado de aproveitamento da formación expedido por Turismo de Galicia.

INSCRICIÓN

Para solicitar praza: Pique aqui

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

Arriba