WEBINAR "CERTIFICACIÓN DE SUSTENTABILIDADE NO SECTOR TURÍSTICO: PRESENTE E FUTURO"
Pechado
WEBINAR "CERTIFICACIÓN DE SUSTENTABILIDADE NO SECTOR TURÍSTICO: PRESENTE E FUTURO"
Para inscribirse no Webinar :PIQUE AQUÍ
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, está o facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas e coñecementos que lle permitan combater ou incluso saír reforzadas da crise provocada pola COVID-19.
Por ese motivo púxose en marcha o Programa de Macro-Tendencias e Sustentabilidade, no que a través dunha formación práctica estruturada en 7 webinars, no que se tratará entre outros temas a sustentabilidade, interiorísimo ou eficiencia enerxética, as empresas do sector turístico galego quedarán capacitadas para tomar decisións informadas que lle permitan adaptarse ás demandas dos clientes do presente e do futuro.
O turismo é un piar fundamental da economía que debe enfrontarse ao reto de dar resposta a novas necesidades. Na actualidade, os turistas están mellor informados, valoran factores ecolóxicos, teñen novas prioridades, esixen unha atención máis personalizada e mellor calidade nos servizos. Para avanzar neste importante reto o sector dispón de elementos de mellora que utilizan a certificación como ferramenta de competitividade e de mellora. A certificación é unha importante axuda para as empresas turísticas xa que é unha posta a punto para propiciar unha agradable vivencia ao visitante e así lograr que repita e recomende o servizo.
Neste Webinar sobre as Certificacións de Sustentabilidde no Sector Turístico, expoñeranse as claves de conceptos como a Xestión Ambiental ISO 14001, regulamento EMAS, pegada de carbono, residuo cero, Xestión Enerxética ISO 50001, Modelo AENOR de Igualdade, Protocolos fronte a Covid19, Memoria GRI, verificación de información non financeira, Q ICTE, etc.
DATA: Xoves, 11 de novembro ás 11:30 h
Nº PRAZAS: 150
RELATOR: JOSÉ ENRIQUE RODRÍGUEZ COELLO · Delegado Galicia · AENOR Int
Asesor técnico na área de actividades de control de residuos e da calidade do aire de Administración autonómica e Director Técnico do Proxecto de recollida e evacuación de residuos industriais de factoría do sector de automoción. Responsable de Control Ambiental de Organismo de Control Autorizado e de Proxectos de sustentabilidade ambiental cofinanciados por fondos europeos e posta en marcha de Axencia da Enerxía de Administración provincial.
DESTINATARIOS
Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería
PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación.
CERTIFICADO
Os alumnos que participen no webinar, poderán obter o Certificado de aproveitamento da formación, logo de superar un test de auto avaliación que se lle enviará a través da plataforma de formación de Turismo de Galicia.
INSCRICIÓN
Para inscribirse no Webinar :PIQUE AQUÍ
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal