CURSO XESTIÓN DO ESTRÉS: RESTAURANTES RESILIENTES - MODALIDADE PRESENCIAL
Pechado
CURSO XESTIÓN DO ESTRÉS: RESTAURANTES RESILIENTES. MODALIDADE PRESENCIAL
Para facer a solicitude de praza: Pique AQUI
Programa
Este curso presencial enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, no que se contempla dentro dos seus obxectivos, entre outros, a formación para desenvolver estratexias de resiliencia para as traballadoras e traballadores das empresas turísticas.
OBXECTIVOS:
- Coñecer, previr e reducir o estrés
- Desenvolver habilidades de afrontamiento fronte ao estrés
- Entender que é a resiliencia e para que serve
- Coñecer as claves e pasos para converterse nunha persoa resiliente
- Detectar os factores de estrés que favorecen a síndrome de burnout e impiden a felicidade no traballo
- Incrementar a motivación no traballo
CONTIDOS:
- Xestión de o estrés e ansiedade post pandemia
- Resiliencia ante a adversidade xerada polo Covid-19
- Felicidade no traballo, beneficios e claves para conseguila
METODOLOXÍA:
Curso de presencial de 3 horas de duración en grupos reducidos, no que haberá unha parte teórica e otra práctica na que e resolverán dúbidas aos participantes.
DATA: luns, 3 de outubro de 16:30 a 19:30 h
Nº PRAZAS:15
TUTORIZACIÓN: Pablo Díaz Valín
Graduado en Psicoloxía pola UNED e posúe un máster en Dirección e Xestión de Recursos Humanos (UDIMA- CEF). Exerceu como psicólogo na Asociación Raiolas de Lugo e en Cruz Vermella Española, e é experto en formación no ámbito empresarial sobre psicoloxía industrial e recursos humanos.
DESTINATARIOS:
Cociñeiros, axudantes de cociña, xefes de sala, camareiros, persoal de limpeza e outros postos dos restaurantes con sede en Galicia, que presenten síntomas de agotamento físico ou mental no traballo trala pandemia.
REQUISITOS:
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.
CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
INSCRICIÓN:
Para facer a solicitude de praza: Pique AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal