WEBINAR "TRANSICIÓN CARA UNHA ECONOMÍA CIRCULAR: PLAN DE CIRCULARIDADE"
Pechado
CHARLA INFORMATIVA "TRANSICIÓN CARA UNHA ECONOMÍA CIRCULAR: PLAN DE CIRCULARIDADE"
Inscripción no webinar: Pique aquí
Programa
Nesta charla informativa poderás coñecer os pasos para comezar a transición dunha economía lineal a unha economía circular para facer o teu hotel ou negocio máis sostible e coñecer as 7R necesarias para conseguilo: Reducir, Redeseñar, Reutilizar, Reparar, Renovar, Reciclar e Recuperar.
Nesta xornada falarase do Plan de Circularidade:
- Que é un Plan de circularidade?
- Beneficios do plan de circularidade
- Plan de circularidade e a comunicación eficaz
DATA: 13 de marzo de 2023 ás 11:00 horas
RELATOR: Antonia Blanquer, consultora turística especializada en sustentabilidade e circularidade
PROGRAMA:
1. Que é o plan de circularidade?
O plan de circularidade é un documento onde se reflicten medidas a poñer en marcha no hotel e que estean orientadas a promover un novo modelo de produción e consumo onde os produtos, materiais e recursos poidan permanecer na economía o maior tempo posible
2. Beneficios do plan de circularidade:
- Unifica conceptos de triplo impacto: económico, social e ambiental
- Aforro de custos por consumos de enerxía e auga a medio/ongo prazo
- Unifica normativas en residuos, autoabastecimiento de enerxía e auga, consumo de proximidade, etc.
- Esixe métricas cuantificables
- Fomenta o produto local
- Beneficios locais, sociais e económicos do consumo de produtos de proximidade.
- Axuda ao desenvolvemento da economía local.
- Protexe o destino, como oferta turística sostible.
3. Deseño do Plan de circularidade:
- Organización (gobernanza)
- Diagnóstico
- Áreas prioritarias, obxectivos e metas anuais: enerxía, auga, materiais, alimentación
- Comunicación interna e externa: clientes, traballadores, provedores
- Formación persoal en materias de circularidade
- Vixencia
- Metodoloxía
- Comunicación: publicación do plan de comunicación
Inscrición e información:
Para inscribirse na xornada: Pique aquí
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal