CALIDADE TURÍSTICA

15 mar 2023

CURSO: IMPLANTACIÓN DA CULTURA DE INNOVACIÓN NA EMPRESA

Pechado

CURSO: IMPLANTACIÓN DA CULTURA DE INNOVACIÓN NA EMPRESA

Inscripción no curso: Pique aquí

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Neste programa de 2 webinars abordaremos nos 10 Tipos de Innovación de Doblin.  Durante as últimas 3 décadas estiveron desenvolvendo unha metodoloxía para implantar de forma efectiva a cultura de innovación na empresa.Durante 2 sesións de 2 horas terás a oportunidade de aplicar máis de 100 técnicas creativas baseadas nesta metodoloxía para innovar en todas as áreas da empresa.

Para ser unha empresa innovadora é necesario entender a innovación como un deporte de equipo que non se limite ás áreas de márketing e comercialización. As sesións inclúen a descrición do marco teórico e a súa aplicación práctica no sector turístico.


DATAS: Mércores 15 e Xoves 16 de Marzo ás 11:00h

Nº PRAZAS:
100

RELATOR: Tirso Maldonado

Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps


DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar  o enfoque da innovación no seu proxecto ou empresa.

INSCRICIÓN

Inscripción no curso ( dúas sesións) : Pique aquí

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

Arriba