FORMACIÓN E ASESORAMENTO "COMO CONECTAR A MIÑA MARCA CO MEU MERCADO DE CLIENTES"
Pechado
FORMACIÓN E ASESORAMENTO "COMO CONECTAR A MIÑA MARCA CO MEU MERCADO DE CLIENTES"
Para solicitar praza: pique aquí
Programa
O Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, persegue facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos. Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, o marketing e a comercialización dos establecementos a transformación dixital e a innovación como resposta as necesidades do mercado turístico nos vindeiros anos.
O obxectivo desta formación de 3 horas é focalizar a estratexia da empresa coas claves que fan que unha marca conecte, aportando valor aos seus clientes e xerando venda.
CONTIDOS
- Que é unha marca?
- Onde radica a importancia da marca
- Teño claro quen son os meus clientes?
- Como se vincula a marca cos meus clients: Isto é Branding
- Referencias de marcas que conectan
MEDODOLOXÍA
Formación en liña de 2 horas de exposición a cargo do relator principal e 1 hora adicional a cargo dun panel de expertos formado por profesionais que presentarán os seus casos de éxito.
DATA: Martes 28 de Marzo ás 10:30h - 13:30h
Nº PRAZAS: 100
RELATOR: Pablo Granell
Certificate in Hospitality Marketing by Cornell University, Postgrado en Turismo internacional por la Universidad de Valencia.
PANEL DE EXPERTOS:
Isabel Llorens, Socia-Fundadora de RUSTICAE
Jorge Sánchez, Socio-Fundador La Dehesa Experiences / Glamping
Ramón Navarro, Socio-Fundador Hotel Heredad Beragu
Susana Sanz, Socia - Fundadora Casona de Labrada
ASESORÍA PERSONALIZADA
Unha vez rematada a formación, os asistentes poderán solicitar servizo de asesoría personalizada (prazas limitadas). Este servizo en liña terá unha duración de 3 horas por empresa e o custo da mesma estará financiada por Turismo de Galicia nun 80%.
DESTINATARIOS
Esta formación é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar o enfoque comercial do seu proxecto ou empresa.
CUSTO
Formación gratuíta. Financiada 100% por Turismo de Galicia
Asesoramento personalizado financiado 80% por Turismo de Galicia
INSCRICIÓNS
Para solicitar praza: pique aquí
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal