GOOGLE DOCS NA OFIMÁTICA DE GOOGLE (1 HORA)
Pechado
GOOGLE DOCS NA OFIMÁTICA DE GOOGLE (1 HORA)
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUÍ
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos. Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.
Nesta formación, ensinarémosche 30 trucos para que poidas aproveitar ao máximo o uso de Google Docs.
Google Docs é un procesador de texto en liña que forma parte da suite de aplicacións de Google (ofimática de Google). Permite crear, dar formato e traballar con outras persoas na edición de documentos, todo a través do navegador.
As vantaxes de utilizar Google Docs son múltiples e moi útiles, como a capacidade de colaborar en tempo real con outros usuarios, acceder simultaneamente ao mesmo documento, usar persoais, e traballar sen conexión a internet.
Non perdas a oportunidade de aumentar as túas habilidades no manexo de Google Docs con esta formación a medida de 1 hora. Descobre como sacar o máximo rendemento a esta ferramenta de traballo tan versátil e eficaz.
DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023
Nº PRAZAS: Ilimitadas
FORMADOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña. Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital, na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps
DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de seguridade na contorna dixital.
INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUÍ
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal