CALIDADE TURÍSTICA

20 out 2025

CURSO DE COCTELERÍA E GASTRONOMÍA LÍQUIDA

07 outubro 2025

CURSO DE COCTELERÍA E GASTRONOMÍA LÍQUIDA

Solicitude de praza: FAI CLIC AQUI

Programa


Dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2025, inclúese a formación técnica de especialización en servizos de restauración e bebidas, entre os seus obxectivos está impulsar a transformación dos servizos de restauración e mellorar a xestión, a sustentabilidade e a experiencia do cliente nos restaurantes e empresas de hostalería en Galicia. Para isto ofrecemos un curso en colaboración co INGAVI (Instituto Galego do Viño), entidade educativa de referencia no eido da Restauración e as Bebidas.

Modalidade: Presencial

Duración: 24 horas

Datas:20, 21, 27, 28 de outubro e 3 e 4 de novembro de 2025

Horario: De 17:00h a 21:00 h

Lugar: Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), A Barcia – Santiago de Compostela

Prazas dispoñibles: 20


OBXECTIVOS DO CURSO:
A bebida xa non é só un acompañamento: é experiencia, identidade e discurso propio. Este curso está deseñado para profesionais da hostalería dispostos a explorar o lado máis creativo e técnico do universo líquido: desde destilados e fermentados ata bebidas “NoLo”, maceracións ou cervexas artesás. Aprenderás a deseñar propostas líquidas innovadoras que complementen e eleven a oferta gastronómica do teu establecemento.Con un enfoque práctico e aplicado, adaptado ao ritmo real da hostalería, o curso proporcionarache ferramentas para diferenciarte, sorprender á túa clientela e potenciar o teu desenvolvemento profesional.

DESTINATARIOS:
Profesionais do sector turístico galego:
- Responsables de negocios hostaleiros e turísticos
- Camareiros/as e xefes/as de sala
- Cociñeiros/as e chefs
- Sumilleres e especialistas en viño

AVANCE DE PROGRAMA:
Módulo 1: Fundamentos da gastronomía líquida
•    Luns 20 de Outubro de 17.00h a 21.00h.


Módulo 2: Destilados e coctelería avanzada
•    Martes 21 y Luns 27 de Outubro de 17.00h a 21.00h.


Módulo 3: Cultura cerveceira
•    Martes 28 de Outubro de 17.00 a 21.00h.


Módulo 4: Fermentacións artesanais e bebidas “vivas”
•    Luns 3 de Novembro de 17.00h a 19.30h.


Módulo 5: NoLo Beverages
•    Luns 3 de Novembro de 19.30h a 21.00h.


Módulo 6: Deseño de carta e experiencia líquida
•    Martes 4 de Novembro de 17.00h a 19.00h


Módulo 7: Peche do curso
•    Martes 4 de Novembro de 19.00h a 21.00h

FORMADORES

  • Xoan Cannas – Director do INGAVI. Coordinador do curso.
  • Diego Mosquera – Responsable de I+D de Green Mixology, docente en escolas de hostelería, asesor e consultor no sector da restauración.
  • David Ortiz - Bartender, cofundador do proxecto Bordello. Asesor para marcas de destilados, docente e formador.
  • Carlos Ávila – Técnico de Cultura da Cerveza en Hijos de Rivera, S.A.U.
  • Esther Merino – Consultora, asesora e docente no ámbito da investigación e o desenvolvemento de bebidas, fermentación e sistemas sostibles de alimentos e bebidas.
  • Javi Caballero - Bartender, formador, asesor e creador de proxectos como "Liquid Experience", "Liquid Club", "DASH" etc.


REQUISITOS E CRITERIOS DE SELECCIÓN:
Este curso está dirixido exclusivamente a profesionais que traballan en establecementos hostaleiros en Galicia. Para garantir un grupo o máis equilibrado e axeitado posible aos obxectivos da formación, aplicarase un proceso de selección baseado nos seguintes criterios:

  • Vinculación profesional: Ter experiencia ou estar en activo no ámbito da hostalería en Galicia. (Imprescindible presentar vida laboral o xustificante da empresa)
  • Perfil axeitado ao curso: Valorarase especialmente a persoas que desenvolvan función en sala, barra, cocina ou dirección de negocios gastronómicos.
  • Interese e motivación: Solicitarase unha breve carta de motivación (3-5 liñas) na que a persoa candidata mostre o seu interese e aplicación dos contidos do curso.
  • Equilibrio de perfís: Conformaráse un grupo diverso con profesionais de distintas áreas (servizo, cociña, sumillería, dirección, formación…)

Entre as candidaturas que cumpran todos os requisitos anteriores, terase en conta a orde de chegada e correcta cumplimentación da solicitude de praza no curso.

Co obxectivo de maximizar o alcance do curso e permitir a asistencia de profesionais de diferentes empresas, establécese o criterio de limitar a participación a unha persoa por empresa. Deste xeito, se unha mesma entidade presenta varias solicitudes, a organización do curso seleccionará únicamente a unha delas.

Unha vez finalizado o proceso de inscrición, comunicarase a resolución ás persoas seleccionadas mediante correo electrónico, asi como aos candidatos non seleccionados que queden na listaxe de agarda.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 24 horas os alumnos que asistan como mínimo ao 85% do total do curso.

PREZO:
Curso financiado ao 100% por Turismo de Galicia. Prazas limitadas.

INSCRICIÓN:
Aberta do 22 de Setembro ao 13 de Outubro (ou ata cubrir prazas).
Para formalizar a túa inscrición, accede ao formulario: FAI CLICK AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba