CURSO FRANCÉS TURÍSTICO (Nivel A2)
Programa
Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2026, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego, cunha oferta de formación en diferentes linguas e niveis para que os profesionais do sector poidan mellorar a calidade do servizo a peregrinos e turistas que visitan Galicia.
No curso de lingua francesa de 75 horas para atención ao público, o alumno/a será capaz de desenvolverse en situacións relacionadas con áreas de experiencia que lle son especialmente relevantes o seu traballo. Aumentarás os teus coñecementos neste idioma para empezar a atender clientes en Francés.
Neste curso aprenderán dunha maneira autónoma, como formular preguntas, dar consellos, expresar un desexo, describir persoas e obxectos ou falar de eventos pasados, utilizar verbos específicos para o servizo ao cliente, e o vocabulario máis importante para o día a día. Todo isto apréndese en conxunto con conceptos gramaticais como a hipótese, a expresión do acordo e do desacordo, a conxugación nos principais tempos do indicativo (presente/pasado/futuro), o presente do subxuntivo e outros.
METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.
NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO: A2
DATAS:
Solicitude de praza: do 23 de decembro de 2025 ao 11 de xaneiro de 2026
Confirmación admitidos: 12 de xaneiro
Duración do curso: Do 13 de xaneiro ao 23 de marzo
Exame: do 25 ao 27 de marzo
Nº PRAZAS: 100 prazas dispoñibles
DESTINATARIOS:
Persoal do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe adquirir coñecementos básicos da lingua francesa para comunicarse con turistas e peregrinos.
REQUISITOS:
Ter acreditado Nivel A1de Francés ou certificado de Turismo de Galicia do Curso Francés Turístico Básico (A1). Estar a traballar (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego no sector turístico de Galicia.
CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 75 horas de formación as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.
Unha vez superado o curso, para obter o certificado deberá facer unha proba final en liña na Plataforma, en horario libre, que poderá facer entre o martes 25 e o venres 26 de abril ate as 14:00 horas.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
INSCRICIÓN:
Para solicitar praza: FAI CLIC AQUI
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal