19 nov 2019

Anuncio do tribunal de selección do procedemento para a obtención ou ampliación a outros idiomas da habilitación de guías de turismo especializados de Galicia polo que se convoca ás persoas aspirantes á realización das probas de idiomas

Convócase ás persoas aspirantes que se relacionan nos documentos anexos á realización do terceiro exercicio do proceso de habilitación de guías, que terá lugar o venres 22 de novembro e o mércores 27 de novembro de 2019 nas aula 206 e Room Mate do Centro Superior de Hostalería de Galicia (estrada Santiago –Noia, km. 3, 15897 Santiago de Compostela), segundo a distribución de horarios e aulas que se especifica no referidos documentos anexos.

As persoas aspirantes que deban facer as probas por ampliación de idiomas deben incorporarse ás datas e aos horarios previstos para as probas de hablitación.

Este terceiro exercicio será de carácter eliminatorio e constará de dúas probas:

1.- Primeira proba: consistirá nunha tradución en ambos os dous sentidos, castelán e idioma estranxeiro. Este exercicio terá unha duración dunha hora.

2.- Segunda proba: consistirá en manter unha conversa cos membros do tribunal ou coas persoas que os asistan, nun tempo máximo de quince minutos en cada un dos idiomas solicitados, sobre un tema correspondente ao bloque do programa, itinerarios e recursos turísticos, elixido entre dous propostos polo tribunal.

Este exercicio valorarase como apto/a ou non apto/a e para superalo é necesario obter o resultado de apto/a, correspondendo ao tribunal determinar o nivel de coñecemento exixido para obter esta condición.

As cualificacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios de cada proba nos taboleiros de anuncios e na páxina web da axencia: http://www.turismo.gal/canle-institucional

 Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

 

 

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba