FERVENZA DE SEGADE

Paseos
4938
No Camiño de Santiago

Localización

Caldas de Reis - Pontevedra

Coordenadas:
42º 36' 07.7" N - 8º 38' 09.1" W

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

O Paseo

Fervenza de Segade 
Tobogán do río Umia

No centro de Caldas de Reis atopamos un xardín botánico, orixinario do século XIX e ligado á tradición termal da vila. Catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1962, conta con especies dos cinco continentes, na súa maioría exóticas. Adxacente a el, unha carballeira composta por máis de 200 exemplares centenarios, de distintos tamaños e morfoloxía, dispostos en filas a carón do río Umia servirá como punto de partida deste roteiro que nos levará ata a fervenza de Segade

Despois de camiñar durante aproximadamente 1 km atopamos unha ponte de madeira que nos permitirá cruzar o río se o que queremos e alongar un pouco máis a nosa ruta e subir ata a ponte romana da Baxe, dun só arco, construída no século I no lugar de Segade e remodelada no ano 1729. 

Neste caso optaremos pola opción curta, polo que deixaremos a ponte á dereita e seguiremos pola pista de terra. Pasaremos por varios muíños de auga e chegaremos ás ruínas da antiga fábrica da luz, construída en 1900 e activa durante máis de 50 anos, suministrando electricidade a toda a comarca. 

E xunto a ela, o máis esperado da ruta: a fervenza, que cunha altura duns 30 m, baixa formando diferentes pozas con profundidade suficiente para poder darse un baño, polo que en época de bo tempo é un estupendo lugar de lecer moi frecuentado por veciños e visitantes.

Características

Lonxitude: 2 km (só ida)
Punto de Inicio:
Carballeira xunto ao xardín botánico 42°36'7.70"N / 8°38'9.14"W
Punto de Fin:
Fervenza de Segade 42°36'23.62"N / 8°37'21.41"W

Accesibilidade a ter en conta

Terreo abrupto
Treitos inundables en época de choivas
Zonas de terreo esvaradío

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba