Turgalicia Turismo de Galicia

Xunta de Galicia

Funcións e competencias

A Turismo de Galicia correspóndenlle as seguintes funcións:

  1. A planificación da política de ordenación e inspección, fomento e competitividade do turismo dentro da comunidade autónoma, determinando as liñas de actuación de política turística, equilibradas e sustentables, que deben rexer no territorio galego.
  2. A elaboración e proposta de normativa nas materias da súa competencia.
  3. A dirección e coordinación das actuacións que poidan ter incidencia en materia de turismo que se desenvolvan no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma.
  4. A instauración de canles efectivas de comunicación con outros organismos locais, provinciais e da Administración central e outras administracións, así como co sector privado.
  5. O desenvolvemento e xestión de plans integrais de turismo para aplicar nos xeodestinos e/ou establecementos turísticos, apostando pola innovación, calidade e sustentabilidade dos produtos turísticos que configuren o portafolios de produtos turísticos de Galicia.
  6. O aproveitamento e potenciación dos recursos turísticos de Galicia mediante a promoción, publicidade, relacións públicas e outras accións de notoriedade, tanto no interior de Galicia coma no resto de España e no exterior, sen prexuízo das competencias da Administración central do Estado.
  7. A coordinación, o impulso, a xestión e a execución das actividades de promoción turística interior e exterior públicas e público-privadas.
  8. Os labores de información turística tanto a nivel nacional como internacional, directamente ou a través de convenios e concertos con institucións públicas e privadas para a creación, coordinación e desenvolvemento destas accións de información e promoción turística interior e exterior.
  9. Directamente ou a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, a dirección e coordinación das actuacións relacionadas coa posta en valor cultural e turístico do Camiño de Santiago, a súa promoción, a xestión da imaxe corporativa do Xacobeo e da rede de albergues, e o mantemento e conservación dos camiños e a súa sinalización, así como calquera outra acción que redunde en beneficio do Camiño de Santiago.
  10. A coordinación da participación da Comunidade Autónoma nas exposicións universais.
  11. Dirixir e coordinar as actuacións relativas á análise, estudo, coñecemento e estatísticas no eido turístico, así como o desenvolvemento de tarefas de investigación, innovación e desenvolvemento tecnolóxico no eido do turismo, sen prexuízo doutros organismos con competencias nestas materias.
  12. O impulso da competitividade do sector turístico privado, fomentando a mellora da xestión interna das empresas turísticas, a I+D+i, a cooperación entre empresas e a formación.
  13. A aplicación dos mecanismos necesarios para mellorar as estruturas e os fundamentos da formación profesional turística.
  14. A formación de formadoras ou formadores vinculados aos estudos turísticos, tanto desde o punto de vista teórico coma práctico, así como a formación continua dos traballadores do sector turístico, sen prexuízo das competencias que lles poidan corresponder a outros organismos.
  15. Calquera outra actividade orientada a mellorar a posición do sector turístico de Galicia no marco español e internacional.
  16. O exercicio da función estatística da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, no marco do previsto no artigo 44 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia.
  17. Todas as operacións que sexan preparatorias, auxiliares ou complementarias das mencionadas.

Contacto...

Contacto...

Estrada Santiago - Noia km 3. A Barcia
15897 Santiago de Compostela. A Coruña.
Tel: +34 981 546 358 

Compárteme en...
Xunta de Galicia Turismo de Galicia

© 2013 Turismo de Galicia | Todos os dereitos reservados
Política de privacidade | Contacto | Accesibilidade

Arriba