A Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público e a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, regulan as encomendas de xestión, dispoñendo que a realización de actividades de carácter material ou técnico da competencia dos órganos administrativos ou entidades de dereito público poderá ser encomendada a outros órganos ou entidades de dereito público da mesma ou de distinta Administración, sempre que entre as súas competencias estean esas actividades, por razóns de eficacia ou cando non se posúan os medios técnicos idóneos para o seu desempeño.

  • Resolución do 21 de febreiro de 2017 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión de carácter técnico relativa á valoración das ofertas técnicas presentadas en expedientes de contratación relacionados co Camiño de Santiago. Ligazón DOG
  •  Resolución do 10 de outubro de 2016 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión das actuacións precisas para realizar as intervencións necesarias no contorno dos Camiños de Santiago, en Santiago de Compostela.Ligazón DOG
  • Resolución do 14 de marzo de 2016 da Axencia Turismo de Galicia pola que se encarga á empresa pública Servizos Agrarios Galegos S.A. a execución do proxecto de paisaxe no Monte do Gozo. Obra civil. Ligazón
  • Resolución do 23 de febreiro de 2016 da Axencia Turismo de Galicia pola que se encarga a empresa pública Servizos Agrarios galegos S.A. a execución do proxecto de plantacións correspondente o proxecto de paisaxe do Monte do Gozo. Ligazón
  • Resolución do 18 de novembro de 2015 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a recepción de obras de acondicionamento do Camiño de Santiago. Ligazón DOG
  • Resolución do 16 de marzo de 2017 pola que se dá publicidade da encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas da xestión de carácter técnico relativa á recepción de obras polos seus funcionarios técnicos. Ligazón DOG

 

Perfil do contratante

Perfil do contratante

Actividade contractual da Axencia Turismo de Galicia

Arriba