Novas turísticas

Atopáronse 1472 novas relacionadas coa súa busca:

22/01/18

Máis de 76.500 persoas coñeceron en Fitur a oferta turística galega que a consolida como destino acolledor e diversificado

O expositor recibiu máis visitantes que nunca, interesados especialmente polo turismo familiar, o Camiño de Santiago, a gastronomía e as novas rutas en coche

 
Mantivéronse máis de 350 reunións profesionais e sentáronse as bases da proxección internacional do turismo da Comunidade galega para este ano
 
Cumpríronse os obxectivos ao recibir estes días tres galardóns que premian a aposta de Galicia como destino de calidade, que aproveita os seus recursos naturais e culturais dun xeito sustentable e como lugar hospitalario e acolledor
 
 

29/12/17

Galicia recibiu xa preto de 4,9 millóns de turistas grazas á notable subida da cifra de viaxeiros ao longo dos meses de outono

 O número de visitantes medra máis dun 3% no conxunto do ano, con tendencias positivas nas pernoitas e na estadía media, que tamén soben un 5,6% e un 2,4%

 
No turismo rural, a demanda aumentou un 11% en novembro, o que consolida a melloría do 4,3% que esta modalidade está a experimentar ao longo de 2018
 
A Estratexia do turismo de Galicia 2020, que afonda na sustentabilidade e calidade da nosa Comunidade como destino, dá xa os seus froitos grazas á implicación do propio sector e da sociedade que atopa no turismo unha fonte de desenvolvemento 
 
Arriba