11 xul 2013

Liñas de financiamento do programa Empredetur para 2013

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo poñerá a disposición do sector turístico as liñas de financiamento do programa Emprendetur para este exercicio 2013. Para este ano o programa estará dotado cun total de 75 millóns de euros.

Emprendetur

Estes préstamos están dirixidos a mozos emprendedores en turismo e empresas con proxectos de I+D ou con produtos innovadores. Ambas liñas van encamiñadas a facilitar o acceso a fontes de financiamento que permita aos emprendedores innovadores en turismo poñer en marcha os seus proxectos. Para iso, os préstamos teñen unhas condicións máis favorables ás ofrecidas polo mercado e, no caso dos mozos emprendedores, elimínase un dos principais obstáculos que atopan para acceder ao crédito: a presentación de garantías.

Con esta segunda convocatoria do programa Emprendetur continúase dando cumprimento ao previsto no Plan Nacional de Integral de Turismo (PNIT) 2012-2015, no que se apunta aos mozos emprendedores como o conlectivo que actualmente ten un maior potencial para introducir a innovación na xestión da oferta turística.

Arriba