18 out 2017

Xornalistas de Brasil visitan Galicia para coñecer a oferta de enoturismo da Comunidade

 Trátase dun press trip desenvolvido conxuntamente con Portugal no que os participantes puideron coñecer rexións vitivinícolas de ambos países

 
Turismo de Galicia tamén participou nas xornadas de promoción directa de España en Estados Unidos

 Xornalistas brasileiros visitaron Galicia para coñecer parte da oferta relacionada co enoturismo na Comunidade galega, nunha viaxe organizada por Turismo de Galicia en colaboración con Turespaña.

Na súa estadía en Galicia, os xornalistas brasileiros tiveron a oportunidade de coñecer territorios e instalacións relacionados coa produción e a comercialización de viños acollidos a denominacións de orixe protexidas, así como recursos naturais e patrimoniais das zonas visitada.

Os profesionais brasileiros da comunicación partiron logo  cara a Portugal, onde tamén terán a oportunidade de visitar varias zonas vitivinícolas e coñecer a gastronomía do país veciño.

Promoción do turismo cultural e gastronómico

Por outra banda, no ámbito da promoción turística, Turismo de Galicia participou  nas xornadas de promoción directa de España en Estados Unidos.

Neste caso, o departamento de Turismo da Xunta mantivo distintas reunións de traballo con operadores turísticos norteamericanos na cidade de Santa Fe, no estado de Novo México, ao obxecto de difundir os valores culturais e gastronómicos da Comunidade galega entre os organizadores de viaxes especializados de Estados Unidos máis destacados nestas dúas modalidades.

 

Arriba