A Xunta agradece ao Pazo de Santa Cruz de Ribadulla a súa contribución ao impulso da Ruta da Camelia
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou na localidade coruñesa de Vedra o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla tras ser premiado pola Fundación Casas Históricas e Singulares de España. Trátase dunha distinción que recoñece o traballo de conservación dos seus xardíns, de gran diversidade e riqueza en flora ornamental, e o alto valor botánico e paisaxístico das especies que cultiva, de xeito especial das camelias.